UNHA ÚLTIMA CARTA.
REUNIÓN GRUPO BACHARELATO
Con esta obra, Oliver Sacks convertiuse nun dos grandes escritores clínicos do século, ademáis de autor de referencia en neuroloxía. Nela nárranse 20 impactantes historias de pacientes que loitan contra os fenómenos da mente e do recordo. Lonxe de recurrir a unha escritura técnica e tediosa, o autor desgrana de forma humana e mesmo con toques de humor os entresixos destas enfermedades neurolóxicas.
As historias impactaron profundamente aos nosos alumnos , especialmente
O marineiro perdido e a que dá título á obra. No primeiro caso ,
enlazándoa co empirismo do Filósofo D.Hume chegaron a preguntarse :¿acaso
somos algo máis cun amasixo de experiencias que se siguen no tempo? Tamén
se fixeron conscientes da importancia da nosa memoria e de cómo un simple erro
nunha peza dos seus engranaxes fai que se reduza a pó todo aquelo que nos
definiu por anos.
Todos remataron abrumados pola vulnerabilidade coa que os
fallos da memoria deixan a estos guerreiros anónimos: desorientados,
confundidos, incapaces de comprender o que lles rodea, vítimas asistentes ao
seu propio funeral.
Recomendamos esta obra porque as súas reflexións son leccións sobre o terrorífica e maravillosa que pode ser a nosa mente, porque ofrece unha visión dos casos seria, pero non alarmante: un acercamento a seres que demostraron a O. Sacks que podían ser homes plenos aínda que tivesen perdido polo camiÑo o extremo do fío que cosía os roupaxes da mente.
LA COLECCIONISTA DE PALABRAS.
A protagonista é Luna, unha gran coleccionista de palabras fermosas e será defensora do seu uso cando corran perigo porque as personas esquécense de utilizalas.... Péchaas nunha maleta coa que emprende unha viaxe.
Entenderá o valor de compartir o positivo para que poda extenderse.
Fíxonos reflexionar.
REUNIÓN JUAN EL CENICIENTO. 4º ESO
Na última reunión do curso con este grupo falamos desta breve obra de teatro na que se tratan moitos temas que se plantexan na actualidade: o tratamento das diferenzas, o uso das novas tecnoloxías para comunicarse os xóvenes.... Tomando como metáfora o conto da cenicenta, aplicado ó mundo actual, pero o protagonistas é un mozo no mundo moderno e coas preocupacións propias de moitos adolescentes.
LA VIDA EN LA PUERTA DE LA NEVERA NO PLAN PROXECTA NA ESA
Ao abeiro do Plan Proxecta: por 365 días de respecto e igualdade, o alumnado da Educación Secundaria para persoas Adultas celebra a reunión do clube de lectura o día 18 de abril do 2023 nas instalacións da biblioteca do instituto. O libro elixido foi La vida en la puerta de la nevera, xa que a súa temática tamén se relaciona coa igualdade de xénero traballada no Plan Proxecta. Reunímonos para facer lectura compartida en voz alta, en dúas sesións anteriores á reunión do Clube de Lectura.
Foi unha experiencia enriquecedora dada a diversiade que se presenta na aula, alumnado de distintas nacionalidades e idades comprendidas entre os 18 e 65 anos cunha visión moi dispar sobre o papel da muller na sociedade.
REUNIÓN VALENTINO RUFINI NO 1º CICLO
Tamén, no terceiro trimestre, outros alumnos de 1º e 2º de
ESO leron a divertida obra de teatro de Roberto Salgueiro: Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can).
Trátase dunha comedia farsesca que transcorre en Venecia nunha noite do século XVIII. Dous
peculiares personaxes pasarán a noite nunha casa abandonada namentres
agardan a que chegue o día para
continuar a súa viaxe. Entre tanto, os sucesos curiosos acontecen de xeito moi
divertido.
Aos rapaces resultoulles moi doadiña de ler e moi divertida.
Nuria Mariño.
REUNIÓN EL ÁRBOL DE JULIA.
No terceiro trimestre algúns dos alumnos de 1º e 2º da ESO leron unha obra de teatro de Luis Matilla: El árbol de Julia.
A protagonista, Julia, é unha nena alegre, decidida e
sensible que para evitar que talen unha árbore centenaria decide gabear por ela
e ficar alí. A súa actitude dálle unha lección aos adultos que so buscan o
éxito e os cartos.
Os alumnos empatizaron moito coa protagonista e a temática
deu pé a unha interesante tertulia.
Nuria Mariño.
REUNIÓN MEXILÓNS PARA CEAR. 4º ESO
Na xuntanza tratamos moitos temas que ó comezo do libro parece están moi agochados (como a violencia, a opresión dun pai de familia sobre o seu entorno) pero que arremeten con forza e crueldade
Penso que impactou e lles fixo repensar ó saír da Biblioteca.
REUNIÓN COMETAS EN EL CIELO.
La novela surca una vida que navega contra el destino. Para
el protagonista, crecer será una prueba de superación que lo libere de la grave
culpa con la que carga.
Por si esto fuera poco, la historia despliega la complicada situación
de un país destruido por la dictadura y el integrismo.
El humanismo de esta obra atraviesa todos los puntos de
vista, pero lo que más nos ha calado ha sido la deducción final de que los
propios actos son condicionados también por circunstancias ajenas a nosotros,
aunque la culpa exista y tenga razón de ser; y aunque haya culpa, por fortuna,
la obra no es una tragedia griega, porque siempre existe la oportunidad de
redimirse. Hay salvación. ¡Ya sabéis!
Fe Cortiñas
REUNIÓN USHA.
Tralo éxito que tivo o álbum ilustrado de La trenza, continuamos con outra lectura localizada na India. A través das aventuras de Uxía (ou Usha), a protagonista, os participantes do Clube fixeron notar moitas das diferenzas entre a vida en Galicia e a vida en Devastana. Uxía, que xa tiña pasado estancias curtas en Devastana por mor do traballo da súa nai (médica nunha ONG), pasa agora un curso completo alí e fainos partícipes desas diferenzas: dende o xeito de lavar a roupa, o limitado consumo de auga (un ben escaso), os diferentes perigos do día a día (por exemplo, pisar unha serpe velenosa) e situacións como un namoramento, algo que, na India e se es unha estudante nova, pode dar lugar a grandes problemas familiares e sociais. Aínda que as páxinas da novela dan para falar largo e tendido, estes foron os motivos da novela que máis chamaron a atención dos nosos lectores, que seguirán coa lectura de dúas obras de teatro.
Paula Martínez García.
REUNIÓN LA TRENZA.
O 15 de febreiro reunímonos co grupo de 1.º ESO que leu La trenza. Aínda que comezaran con Eskoria, a estética da obra chamáballes xa a atención cando a estaban a ler os compañeiros do outro grupo. Descataron, por un lado, a dureza da obra (as condicións da escola e a protagonista camiñando soa coa nai e a boneca impactáronlles moito) e, por outro, as imaxes. Todos coincidían na fermosura e colorido das ilustracións desta versión da obra de Laetitia Colombani.
REUNIÓN TRISTES ARMAS. 4º ESO
O exilio das irmás Harmonía e Rosa a Rusia (deben abandoar a súa terra e familia), o valor da amizade desinteresada (que sempre salva ideoloxías e fronteiras) e que recibe inesperadamente unha recompensa, unha obrigada incomunicación coa familia pola censura... son algúns aspectos importantes na obra, que se van artellando coa loita por avanzar, nunha vida na que hai que tomar decisións, elixir e medrar.
EL MAPA DE LOS BUENOS MOMENTOS. NO DÍA DA PAZ.
Os rapaces quedaron impresionados con este breve álbum dunha gran beleza, sinxeleza e profundidade. Incluso houbo algunha contida bágoa.
Para seguir lendo sobre o tema...
REUNIÓN NADA. GRUPO 4º ESO (XANEIRO)
É difícil sintetizar o libro sen desvelar parte do seu impacto, posto que é iso o que provoca cuando avanzamos na súa lectura: un impacto progresivo, unha forte gradación de sensacións e sentimentos que van medrando en intensidade e dureza.
REUNIÓN: EL HOMBRE EN BUSCA DE SENTIDO. GRUPO BAC (LECTURAS TEMÁTICAS PSICOLOXÍA)
El
hombre en busca de sentido.
Estamos ante unha obra cruda e adictiva que nos amosa a rabia
do ser humano por preservar aquelo que nos define: a vida. A súa lectura é
incriblemente interesante e nela resulta case imposible non porse nas delgadas
peles dos prisioneiros dos campos de concentración nazis. O detalle do contado
produce verdadeiras emocións ao imaxinalo. É fascinante pensar como o ser
humano pode ser tan cruel co seu igual!
Ao mesmo tempo é unha chamada de atención cara á esperanza:
poden arrebatarnos todo, menos a nosa actitude ante a vida. Esa actitud, ese
atopar sentido ao sufrimento, fará que entendamos que máis alá da alambrada de
espiño todo está repleto de luces.
A lectura desta obra levou a múltiples reflexións, pero no
que coinciden os rapaces é que lles parece unha obra imprescindible que, pese a
todo, dá unha visión optimista e esperanzadora
sen caer en tópicos.
Flor R. Lemos


.jpg)













.jpg)
















