REUNIÓN USHA.

 


Tralo éxito que tivo o álbum ilustrado de La trenza, continuamos con outra lectura localizada na India. A través das aventuras de Uxía (ou Usha), a protagonista, os participantes do Clube fixeron notar moitas das diferenzas entre a vida en Galicia e a vida en Devastana. Uxía, que xa tiña pasado estancias curtas en Devastana por mor do traballo da súa nai (médica nunha ONG), pasa agora un curso completo alí e fainos partícipes desas diferenzas: dende o xeito de lavar a roupa, o limitado consumo de auga (un ben escaso), os diferentes perigos do día a día (por exemplo, pisar unha serpe velenosa) e situacións como un namoramento, algo que, na India e se es unha estudante nova, pode dar lugar a grandes problemas familiares e sociais. Aínda que as páxinas da novela dan para falar largo e tendido, estes foron os motivos da novela que máis chamaron a atención dos nosos lectores, que seguirán coa lectura de dúas obras de teatro.

Paula Martínez García.

Ningún comentario:

Publicar un comentario