Amosando publicacións coa etiqueta Xornadas Clubs de Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xornadas Clubs de Lectura. Amosar todas as publicacións

21 de maio de 2025. XORNADA CLUB DE LECTURA. Santiago de Compostela.



O vindeiro 21 de maio, celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Neste curso 2024/2025 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 512 centros que matriculan alumnado de Educación Primaria, ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial (Conservatorios e Escolas de idiomas).

 
Fíxose entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2025, que este recaeu na escritora Paula Carballeira por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2023/2024, tal e como se recolle na Resolución do 22 de abril de 2025, que explica as particularidades deste premio.

Foi unha xornada moi interesante, na que tivemos tempo de relacionarnos con outros club de lectura doutros centros educativos. 

Deixamosvos o programa da xornada.




XORNADAS CLUB DE LECTURA 2018

O pasado 1 de Xuño foron as XI Xornadas dos Clubs de Lectura de Galicia, nas que se convoca ás persoas que coordinamos diferentes clubs nos centros de ensino.
Fíxoselle a entrega do Premio do Club de Lectura 2018 ó poeta Carlos Negro. Neste enlace pode verse tamén a síntese do Programa.
Parece que foi onte cando en moitos lugares de Galicia comezamos a experiencia de compartir lecturas e xa van once anos! 

X XORNADAS CLUB DE LECTURA

O pasado 17 de Xuño celebráronse en Santiago unhas Xornadas dos Clubs de lectura que tiveron como novidade a asistencia dunha chea de rapaces de moitos institutos de Galicia. Só eran unha pequena mostra do numerosísimo alumnado que ano tras ano se engancha á lectura, á charla, á reflexión... Alí puidemos constatar que somos un número crecente de persoas que comparten o amor polos libros e pola palabra.
Numerosos escritores, músicos, xornalistas., distintas propostas, experiencias... encheron un día do que a  pequena representación de Balbordo disfrutou totalmente.

Aquí a Galería de imaxes da páxina de BEscolares.

VI XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA

A Asesoría de Bibliotecas Escolares ven de publicar un vídeo resumo das Xornadas celebradas o pasado 31 de maio en Santiago.  É moi interesante para facerse unha idea do ambiente que alí vivimos os coordinadores dos clubs de lectura.  Un día enteiro para falar dos libros e da lectura: todo un luxo.  



Se tedes interés en ver íntegramente algunha das ponencias ou das experiencias, podedes atopalas en Ler en mancomún, o blog adicado aos clubs de lectura das bibliotecas escolares galegas.