Amosando publicacións coa etiqueta Balbordo 2019-20. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Balbordo 2019-20. Amosar todas as publicacións

POEMAMUNDI NOUTRO GRUPO DE ALUMNOS


Considero que este libro de Martín Ramos, ilustrado por Philip Stanton é ideal para acercar a poesía ós adolescentes. Por varias razóns: porque vai acompañado de ilustracións que fan máis ameno o texto, porque son poemas sinxelos, fácilmente comprensibles e moi variados na súa temática. 
Hai algúns adicados a valores como a paz, nos que se alude a problemas do mundo (incluídos no apartado: "El mundo por delante") outros fan referencia a autores de literatura xuvenil (na parte "Alrededor de otros mundos") e os últimos refírense a obxectos da vida diaria ou cercanos (na sección: "El mundo en mis manos"). 
O mesmo que no caso de Aplicación instantánea (comentada no outro grupo) os alumnos sorprendéronse gratamente co texto e compartiron en voz alta a lectura de distintos poemas.
Estes textos son son un percorrido, pois, polo mundo exterior e o interior; o máis íntimo ou o colectivo.

A continuación recollo unha selección que realicei dalgunhas ilustracións referentes a varios dos poemas que lemos en voz alta.

MOBY DICK. PMAR



O 6 de marzo, os alumnos de 3º de PMAR puxeron en común algún dos  aspectos que máís lle chamaran a atención  de Moby Dick, a novela máis ambiciosa de Melville que narra  a obsesión dun home, o capitán Ahab, por matar a Moby Dick, unha balea na que ve a encarnación do Mal.
Para achegar este clásico aos alumnos seguimos a adaptación  de Josep Lorman  (colección Kalafate, editorial Almadraba) que emprega os criterios de Lectura Fácil, o que nos permitiu tamén,  ler capítulos da obra en voz alta e  manter o interese dos alumnos para, finalmente, comentaren os seus aspectos máis interesantes.
Observamos como estas adapatacións de clásicos universais da literatura, seguindo os criterios de Lectura Fácil, permiten  “enganchar “ á lectura de clásicos non só a alumnos con necesidades especiais, senón tamén a outros que non amosan moito interés por ela. 

Nuria Mariño.

APLICACIÓN INSTANTÁNEA NUN GRUPO DE RAPACES

Sempre é un pracer comprobar como se sorprenden os adolescentes cando len poesía! Ano tras ano comprobo o rexeitamento inicial a ler poemas e os comentarios positivos que se suceden trala lectura.
Neste caso, cada un dos participantes na reunión elixiu o seu texto preferido, leuno en alto e fomos comentando os posibles significados, emocións, sensacións... Logo, un poema ía levando a outro, tocou o timbre e  todos confesaron que lles encantou.
É un libro breve, sinxelo, directo, cercano, intenso... moi, moi recomendable. 
É un libro 

ROJO EN BALBORDOBIS FEBREIRO

É tan especial este sinxelo  álbum no que se fala de sentimentos, actitudes, diferencias, respeto ós outros... que quixen compartilo co alumnado.
A cera que pinta azul pero leva etiqueta de vermella é a protagonista desta historia que serviu para reflexionar sobre moitos temas: como nos ven os demais, que esperan os outros de min, cando podo ser realmente como son, como me sinto ante o trato que recibo arredor.
Un marabilloso texto.

CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES. NOUTRO GRUPO DE ALUMNADO

Son moitas as breves historias de mulleres que pasan por estas páxinas. Diferentes personalidades, idades, ocupacións, características... Algunhas eran coñecidas polo alumnado de Balbordo; doutras nunca oíran falar.
Gustoulles o libro, incluso algunha rapaza coñecía xa o primeiro tomo desta serie.
No caso do primeiro grupo centrámonos exclusivamente nunha muller, neste en moitas. Igual que no caso anterior, os textos van acompañados de ilustracións.
Encantoulles.

NINGUÉN ESTÁ SÓ. PMAR




Limos cos alumnos de 3ºde PMAR,  Niguén está só: 10 relatos que tratan dereitos humanos vulnerados en distintos lugares do mundo.
A lectura permitiunos  reflexionar sobre unhas problemáticas que ás veces se descoñecen ou pasan desapercibidas.
Resultáronlles especialmente interesantes o relato de F. Alonso: “´Sáhara, améndoa amarga” co que comeza a escolma; o de F.Casalderrey: “Electro cardiograma plano”,  o de Paula Carballeira: “Barbazul” ou o de A. Villar: “Un billete de tren”. Nembargantes, foi o de Ana Expóxito: “A  vida á Valga”, que recolle a dramática situación dos inmigrantes que atravesan o mar  nas pateras, o que máis lles impresionou e máis comentarios suscitou.

Nuria Mariño




ADA LOVELACE. LA PRIMERA PROGRAMADORA DE LA Hª. NUN GRUPO DE ALUMNOS

Encantoume este álbum de Mª Serrano e Tyto Alba, que edita Vegueta-Unicornio e quixen compartilo co alumnado de Balbordo. Afirmaron que tamén lles gustou moito e entre todos comentaron os seguintes aspectos:
Ada foi unha muller pioneira no século XIX. Filla de Lord Byron e educada pola súa nai con gran esmero. Foi unah magnífica, intelixente e imaxinativa inventora que fixo da experimentación no mundo das matemáticas o núcleo de su vida. A primeira que ideou un sistema que puxo os alicerces para a invención dos ordenadores.
A súa vida, as relacións persoais, inventos... enchen estas amenas e breves páxinas ilustradas.
Un libro que nos deu pé para falar de como moitas importantísimas mulleres son perfectas descoñecidas na sociedade, aspecto que debe ser revisado e ten que facernos reflexionar.

A LENDA DE SALLY JONES.

Este libro de Jakob Wegerius  non é  a primeira vez que o uso nun club de lectura-
Os rapaces comentaron que é unha historia con tintes moi tristes, con situacións que reflicten as inxustizas e atrancos cos que nos atopamos ó longo da vida. Pero tamén é un canto á confianza na natureza humana, á esperanza e ós afortunados camiños que o azar nos proporciona ás veces para atopar a amizade.
Podedes atopar este estupendo libro na editorial Sushi Books.

SIR GADABOUT. MARTYN BEARDSLEY


Para cambiar bastante de temática respecto ó primeiro libro co que empezamos neste grupo (El increíble caso de B. Brocket) elixín un texto moi diferente, completamente.
Este divertido libro de Martyn Beardsley (con ilustracións de Tony Ross) foi o comentado, o pasado venres na Biblioteca, nun grupo de rapaces de Balbordo.
Todos (menos unha rapaza á que lle pareceu moi infantil) disfrutaron das Insensatas aventuras protagonizadas por un cabaleiro que debe rescatar á raíña Ginebra cando ela desaparece raptada por dúas bruxas malvadas. Nas súas andanzas acompáñao un gato moi especial e un escudeiro: Herbert.
Ambientado nunha Idade Media chea de anacronismos, que provocan a risa do lector, e disparatada (posto que hai alusións a inventos técnicos e circunstancias da vida da actualidade) hai continuas alusións a personaxes xa coñecidos polos rapaces por outras lecturas ou os seus coñecementos como o Rei Arturo e os cabaleiros da táboa redonda.
Un libro que lles resultou divertido, con ilustracións que tamén fan máis amena a lectura. É breve.

ARTUR E CLEMENTINA EN BALBORDOBIS.


Quedei totalmente namorada deste texto a primeira vez que o lin e inmediatamente quixen compartilo co alumnado. Aínda que aparentemente parece para pequenos a súa profundidade e posibilidades de reflexionar sobre a igualdade fan del un libro especial. Penso que por todo o que falaron os rapaces tamén lles gustou e llo pareceu. Incorporarei no blog o que opinen por escrito sobre o texto.



Artur e Clementina son unha parella de tartarugas que están casadas. Pronto nos decatamos da desigualdade que existe na parella, ela sométese continuamente ós desexos do seu compañeiro e asume roles e obrigas que non a fan feliz por iso tomará unha importante decisión
Un bo libro para reflexionar sobre a igualdade.
 Edítao Kalandraka.
Velaquí os rapaces despois da reunión na Biblioteca.
A xuntanza foi antes de Nadal por imposibilidade de reunirnos en novembro, como estaba inicialmente previsto.




OJOS Y ESPÍAS.

Este foi outro dos libros elixidos para novembro en Balbordo para comentalo con outro grupo de alumnos.
Neste caso, a diferencia doutras ocasións, non todos coincidiron unanimemente en que disfrutaran coa lectura.
Varios dixeron que lles parecía que daba demasiados exemplos e información e que preferían ler outro tipo de libros, como novelas.
Aínda así foron moitas as reflexións que fixeron sobre algunhas partes do texto: as cámaras que nos vixían, as páxinas web que consultamos, aspectos que saen en películas ou outros programas. Tamén comentaron o uso das redes, os perfiles creados, a información que proporcionamos directamente ou incluso a que dan sobre nós sin que sexamos conscientes... Esos temas (dirixidos a un lector adolescente, fundamentalmente)  preséntanse neste interesantísimo libro. 
Ata onde chega a nosa privacidade  e intimidade?  Sentímonos vixiados? Deixamos pegadas que alguén podería utilizar rastreando sen demasiado esforzo?
Está editado en Siruela (Colección Nos gusta saber) e é de Tanya Lloydky. Está ilustrado por Belle Wuthrich. 
Varios alumnos do outro grupo de Balbordo estaban desexando que este grupo rematase para poder ler tamén este texto.