Amosando publicacións coa etiqueta Humor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Humor. Amosar todas as publicacións

EL TESORO DE BARRACUDA. LLANOS CAMPOS

É un libro moi diferente ós que lemos este curso no grupo de alumnos de 1º ciclo de ESO.
Os protagonistas son uns piratas que non responden ás características que soen poseer estes personaxes. Son diferentes ós que coñecemos. O que máis nos sorprende do texto é que queren aprender a ler, desesperadamente... O primeiro descubremento do valor da lectura é un episodio moi gracioso porque significa o instante preciso no que se dan conta das portas que ese poder otorga ós que o dominan. Grazas a un libro atoparán as pistas para facerse cun preciado tesouro.
Un libro de Llanos Campos editado en El Barco de Vapor.

INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ. MANUEL NUÑEZ SINGALA.

Humor intelixente, ironía, continuos guiños ó lector... foron algúns dos compoñentes que nos fixeron disfrutar moito na nosa cea-reunión de Balbordo no grupo de pais-profesores.
Brevidade, amenidade, inxenio e agudeza hai nestes relatos curtos (algúns só teñen dúas liñas) ou tamén microrrelatos.
Dende unha alusión no título á obra de Cortázar: "Instrucciones para..." o libro estructurase en torno a 4 grandes bloques:
1.-Libro de Reclamacións
2.-Libro de estilo
3.-Libro de Instrucións
4.-Libro de Contos
Nuns hai queixas a diferentes e divertidas situacións, noutros varias reflexións sobre o "carácter" dos galegos; ou ben o fío condutor é a alusión a distintas e propias formas de ser da xente de Galicia (sempre cun toque de ironía e sorna que nos arrinca un sorriso). Por último, atopamos solucións inesperadas, divertidas e inxeniosas ou incluso algunha revisión de contos clásicos.
Nalgún aspecto recordoume a outro libro deste mesmo autor: Menú de enganos xa que en ambos hai como pequenos lóstregos de palabras e sensacións que pasan fugazmente diante dos nosos ollos. 
Gustáronnos especialmente: "Cocido familiar", "Estraña", "Instrucións para tomar café", "Instrucións para parecer galego", "Instrucións para convidados" ou contos como "O Monarca" por citar algúns...
En Galaxia, de Nuñez Singala.

EL PROYECTO ESPOSA. GRAEME SIMSION

Divertido, entretido, optimista e orixinal nos pareceu este libro de Graeme Simision editado en Salamandra.
Despois da lectura no grupo de pais-profes do durísimo Nada pareceu axeitado variar de tono de lectura e temática, iso comentamos na cea dos adultos na que charlamos deste libro.
Aínda que o final parece totalmente predecible, é moi tenro.... 
O protagonista ten síndrome de Asperger e o seu comportamento provoca perplexidade entre os que o rodean. É profesor de xenética nunha Universidade e a súa principal preocupación é que no logra repetir cita coas mulleres que coñece; elabora un cuestionario con 16 preguntas para atopar "a súa media laranxa". No seu camiño crúzase unha xoven que é todo o oposto ó que está buscando pero con ela aprenderá que na vida moitas veces non funciona o predecible.
Unha reflexión sobre as diferenzas, a posibilidade de cambiar das personas, as ilusións, as búsquedas e as oportunidades continuas que ten o ser humano de ser distinto para mellorar ou alcanzar todos os soños que desexa...

PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL.



Entretida, intelixente, divertida... son algúns dos calificativos que lle aplicaría a esta novela de Diego Arboleda-Raúl Sagospe coa que se pode disfrutar tremendamente. 
Continuas referencias e guiños á obra de Lewis Carroll, Alicia en el país de las maravillas, humor sutil, absurdo, personaxes diferentes e peculiares... e grandes doses de fantasía compoñen os ingredientes deste breve libro; moi recomendable ademais porque vai acompañado de simpáticas ilustracións.
Un curioso anuncio aparecido nun periódico leva a unha institutriz francesa (Eugéne) a viaxar ata N York para ocuparse dunha nena que, según os seus pais, está obsesionada co personaxe da obra de Lewis Carroll. A institutriz debe vixiala para que non averigüe que vai chegar á cidade unha muller maior que foi a inspiradora do personaxe de Alicia en el país de las maravillas. Pero pronto triunfará a fantasía e o xogo e a institutriz se verá envolta nunha cadea de acontecimientos nos que ó final triunfa o desexo por saber e a imaxinación. 
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2014, entre outros...