TERROR. GRUPO PROFESORES
REUNIÓN VALENTINO RUFINI NO 1º CICLO
Tamén, no terceiro trimestre, outros alumnos de 1º e 2º de
ESO leron a divertida obra de teatro de Roberto Salgueiro: Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can).
Trátase dunha comedia farsesca que transcorre en Venecia nunha noite do século XVIII. Dous
peculiares personaxes pasarán a noite nunha casa abandonada namentres
agardan a que chegue o día para
continuar a súa viaxe. Entre tanto, os sucesos curiosos acontecen de xeito moi
divertido.
Aos rapaces resultoulles moi doadiña de ler e moi divertida.
Nuria Mariño.
REUNIÓN EL ÁRBOL DE JULIA.
No terceiro trimestre algúns dos alumnos de 1º e 2º da ESO leron unha obra de teatro de Luis Matilla: El árbol de Julia.
A protagonista, Julia, é unha nena alegre, decidida e
sensible que para evitar que talen unha árbore centenaria decide gabear por ela
e ficar alí. A súa actitude dálle unha lección aos adultos que so buscan o
éxito e os cartos.
Os alumnos empatizaron moito coa protagonista e a temática
deu pé a unha interesante tertulia.
Nuria Mariño.
REUNIÓN MEXILÓNS PARA CEAR. 4º ESO
Na xuntanza tratamos moitos temas que ó comezo do libro parece están moi agochados (como a violencia, a opresión dun pai de familia sobre o seu entorno) pero que arremeten con forza e crueldade
Penso que impactou e lles fixo repensar ó saír da Biblioteca.
REUNIÓN COMETAS EN EL CIELO.
La novela surca una vida que navega contra el destino. Para
el protagonista, crecer será una prueba de superación que lo libere de la grave
culpa con la que carga.
Por si esto fuera poco, la historia despliega la complicada situación
de un país destruido por la dictadura y el integrismo.
El humanismo de esta obra atraviesa todos los puntos de
vista, pero lo que más nos ha calado ha sido la deducción final de que los
propios actos son condicionados también por circunstancias ajenas a nosotros,
aunque la culpa exista y tenga razón de ser; y aunque haya culpa, por fortuna,
la obra no es una tragedia griega, porque siempre existe la oportunidad de
redimirse. Hay salvación. ¡Ya sabéis!
Fe Cortiñas
REUNIÓN LA BELLEZA DE LAS CICATRICES. GRUPO PROFESORES
REUNIÓN USHA.
Tralo éxito que tivo o álbum ilustrado de La trenza, continuamos con outra lectura localizada na India. A través das aventuras de Uxía (ou Usha), a protagonista, os participantes do Clube fixeron notar moitas das diferenzas entre a vida en Galicia e a vida en Devastana. Uxía, que xa tiña pasado estancias curtas en Devastana por mor do traballo da súa nai (médica nunha ONG), pasa agora un curso completo alí e fainos partícipes desas diferenzas: dende o xeito de lavar a roupa, o limitado consumo de auga (un ben escaso), os diferentes perigos do día a día (por exemplo, pisar unha serpe velenosa) e situacións como un namoramento, algo que, na India e se es unha estudante nova, pode dar lugar a grandes problemas familiares e sociais. Aínda que as páxinas da novela dan para falar largo e tendido, estes foron os motivos da novela que máis chamaron a atención dos nosos lectores, que seguirán coa lectura de dúas obras de teatro.
Paula Martínez García.
REUNIÓN TRISTES ARMAS. 4º ESO
O exilio das irmás Harmonía e Rosa a Rusia (deben abandoar a súa terra e familia), o valor da amizade desinteresada (que sempre salva ideoloxías e fronteiras) e que recibe inesperadamente unha recompensa, unha obrigada incomunicación coa familia pola censura... son algúns aspectos importantes na obra, que se van artellando coa loita por avanzar, nunha vida na que hai que tomar decisións, elixir e medrar.
EL MAPA DE LOS BUENOS MOMENTOS. NO DÍA DA PAZ.
Os rapaces quedaron impresionados con este breve álbum dunha gran beleza, sinxeleza e profundidade. Incluso houbo algunha contida bágoa.
Para seguir lendo sobre o tema...
REUNIÓN NADA. GRUPO 4º ESO (XANEIRO)
É difícil sintetizar o libro sen desvelar parte do seu impacto, posto que é iso o que provoca cuando avanzamos na súa lectura: un impacto progresivo, unha forte gradación de sensacións e sentimentos que van medrando en intensidade e dureza.
REUNIÓN ESKORIA. 1º CICLO ESO
REUNIÓN VIRTUDES (E MISTERIOS). NO GRUPO DE PROFESORES
Nesta novela de Xesús Fraga o autor relata (en primeira persoa) a historia de emigración da súa familia, centrada na figura da loitadora avoa que debe emigrar a Londres moi nova (partindo de Betanzos), despois de que o seu marido tamén marchara a Venezuela e non volvera dar sinais de vida. No texto, ademais desa historia da loitadora/traballadora muller, faise un percorrido polos familiares de dúas xeracións que viviron esta experiencia en diferentes anos (o propio autor, neto daquela emigrante, e os seus pais, que tamén traballaron no Reino Unido).
De fondo sempre está a morriña polo que queda atrás, as dificultades cun novo entorno que descubrir e ó que adaptarse así como as vivencias dos que se foron e os que quedan: un ir e vir de sentementos e, neste caso tamén, de segredos de familia que sorprenden ó lector e ós propios protagonistas.











.jpg)
















