El
hombre en busca de sentido.
Estamos ante unha obra cruda e adictiva que nos amosa a rabia
do ser humano por preservar aquelo que nos define: a vida. A súa lectura é
incriblemente interesante e nela resulta case imposible non porse nas delgadas
peles dos prisioneiros dos campos de concentración nazis. O detalle do contado
produce verdadeiras emocións ao imaxinalo. É fascinante pensar como o ser
humano pode ser tan cruel co seu igual!
Ao mesmo tempo é unha chamada de atención cara á esperanza:
poden arrebatarnos todo, menos a nosa actitude ante a vida. Esa actitud, ese
atopar sentido ao sufrimento, fará que entendamos que máis alá da alambrada de
espiño todo está repleto de luces.
A lectura desta obra levou a múltiples reflexións, pero no
que coinciden os rapaces é que lles parece unha obra imprescindible que, pese a
todo, dá unha visión optimista e esperanzadora
sen caer en tópicos.
Flor R. Lemos
Ningún comentario:
Publicar un comentario