Amosando publicacións coa etiqueta Mayo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mayo. Amosar todas as publicacións

O SOL DO VERÁN, Carlos Casares

As compañeiras do Departamento de Lingua Galega, que adoitan ler esta obra co alumnado de Bacharelato, xa nos avisaran: "É preciosa, aos rapaces encántalles".  E é verdade, a novela enreda ao lector dende a primeira páxina na fermosa historia de amizade e amor contada pola protagonista "Periquita".  Dende a primeira páxina?  Ben, iso depende do lector, claro, porque algún dixo que lle costara entrar na novela ata pasadas bastantes páxinas.

Pero, diverxencias aparte, que iso  é parte da gracia das nosas reunións, O sol do verán deunos moito que falar.  Falamos dos protagonistas, Carlos e Helena, e a súa dilatada relación no tempo, condicionada por un misterio que só coñeceremos ao final.  Falamos do contexto histórico, na pusilánime Galiza da posguerra, onde os personaxes máis conservadores como o pai ou a tía censuran a conducta de personaxes sen prexuizos como a nai.  Falamos tamén do feito de ser a derradeira obra que escribiu Carlos Casares.

E falando, falando... dímonos conta de que o curso remata e haberá que despedilo.  Así que aínda queda moito que falar sobre libros e lecturas na cea que faremos a próxima semana os "maiores" de Balbordo.  Prometemos fotos!


MI HERMANA VIVE SOBRE LA REPISA DE LA CHIMENEA, Annabel Pitcher

"¿Por qué escogiste un libro tan triste?", fueron las primeras palabras pronunciadas en la reunión por uno de los miembros del grupo.  Y es que esta novela nos sobrecoge el corazón desde el comienzo cuando, al abrir la primera página, su narrador protagonista nos revela que "Mi hermana Rose vive sobre la repisa de la chimenea.  Bueno, al menos parte de ella.  Tres de sus dedos, su codo derecho y su rótula están enterrados en una tumba en Londres".

El pequeño Jamie nos hará partícipes de la desestructuración que un atentado terrorista provoca en su familia: abandono, alcoholismo, anorexia, xenofobia...   Un libro triste, sí, pero con el buen sabor de las emociones, los sentimientos y las cosas que, a veces, también salen bien.