Enmarcado nas actividades organizadas na Biblioteca para o día da Paz propúxose esta lectura en Balbordo que, desgraciadamente, é de actualidade nunha época tan convulsa na que os refuxiados deben desprazarse abandonando a súa vida habitual. Na nosa Biblioteca coñecemos de primeira man a situación duns ucraínos que residen na nosa localidade. Este álbum ben puidera ser un resumo de recordos de quen sofre os desastres da guerra.
Os rapaces quedaron impresionados con este breve álbum dunha gran beleza, sinxeleza e profundidade. Incluso houbo algunha contida bágoa.
Para seguir lendo sobre o tema...
Ningún comentario:
Publicar un comentario