REUNIÓN GRUPO BACHARELATO

 

Con esta obra, Oliver Sacks convertiuse nun dos grandes escritores clínicos do século, ademáis de autor de referencia en neuroloxía. Nela nárranse 20 impactantes historias de pacientes que loitan contra os fenómenos da mente e do recordo. Lonxe de recurrir a unha escritura técnica e tediosa, o autor desgrana de forma humana e mesmo con toques de humor os entresixos destas enfermedades neurolóxicas.

As historias impactaron profundamente aos nosos alumnos , especialmente O marineiro perdido e a que dá título á obra. No primeiro caso , enlazándoa co empirismo do Filósofo D.Hume chegaron a preguntarse :¿acaso somos algo máis cun amasixo de experiencias que se siguen no tempo? Tamén se fixeron conscientes da importancia da nosa memoria e de cómo un simple erro nunha peza dos seus engranaxes fai que se reduza a pó todo aquelo que nos definiu por anos.


Todos remataron abrumados pola vulnerabilidade coa que os fallos da memoria deixan a estos guerreiros anónimos: desorientados, confundidos, incapaces de comprender o que lles rodea, vítimas asistentes ao seu propio funeral.

Recomendamos esta obra porque as súas reflexións son leccións sobre o terrorífica e maravillosa que pode ser a nosa mente, porque ofrece unha visión dos casos seria, pero non alarmante: un acercamento a seres que demostraron a O. Sacks que podían ser homes plenos aínda que tivesen perdido polo camiÑo o extremo do fío que cosía os roupaxes da mente.

Flor R. Lemos

Ningún comentario:

Publicar un comentario