REUNIÓN ESKORIA. 1º CICLO ESO


 Pese a que algúns alumnos pediron cambiar ao grupo que lía La trenza, aos restantes gustoulles moito esta lectura, que calificaron como dura e lles permitiu reflexionar sobre moitos aspectos. Uns encariñáronse con algunha personaxe; outros odiáronnas. Pero a gran maioría coincidiu en que nalgún momento tivo que parar a lectura pese a querer seguir avanzando nela. O corazón, unha vez máis, primou sobre o cerebro. Ademáis da reflexión sobre o acoso, algún chegou á valorar que o propio título da obra (alcume do protagonista), estivese escrito cunha falta ortográfica e a propoñer unha xustificación para elo.

A próxima lectura deste grupo será La trenza, que querían tras ver como a desfrutaban os seus compañeiros.
Paula Martínez García.

Ningún comentario:

Publicar un comentario