O 15 de febreiro reunímonos co grupo de 1.º ESO que leu La trenza. Aínda que comezaran con Eskoria, a estética da obra chamáballes xa a atención cando a estaban a ler os compañeiros do outro grupo. Descataron, por un lado, a dureza da obra (as condicións da escola e a protagonista camiñando soa coa nai e a boneca impactáronlles moito) e, por outro, as imaxes. Todos coincidían na fermosura e colorido das ilustracións desta versión da obra de Laetitia Colombani.
Xa que febreiro remata co Entroido e en marzo teñen os exames finais da segunda avaliación, a seguinte reunión será en abril, á volta de Semana Santa e cambiaremos de xénero ao achegarnos a unha obra teatral.
Paula Martínez García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario