Amosando publicacións coa etiqueta Cartel de lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cartel de lecturas. Amosar todas as publicacións

EL LECTOR. B- SHINK. LECTURA PAIS, PROFESORES...

Esta lectura escrita por B. Shink propúxoa xa hai meses unha profesora do grupo. Todos disfrutamos deste texto, do que tamén temos pensado poñer a película na Biblioteca.
A historia do rapaz de 15 anos (Michael) que coñece casualmente a unha muller de 36 anos cando se atopa mal ó volver do colexio enche unhas páxinas nas que a relación sexual de ditos personaxes vai tomando corpo xunto coas lecturas sucesivas que ela lle pide ó xoven que lle lea sempre. Os meses de intensa e misteriosa relación sucédense ata que ela desaparece misteriosamente.
Moitos anos despois, cando Michael vai a un xuicio (estudia para avogado) descubre que unha das acusadas como criminal de guerra nazi é Hanna.
Pasado, presente, horror, asombro e a forza dos sentimentos... agóchanse nun texto intenso.


E RECÓRDOVOS... QUE PODEDES SOÑAR EN CORES

Moitas veces teño pensado que as cores dos libros materiais que caen nas nosas mans poden atraparnos entrando "polos ollos".
Bonitos soños...










BALBORDO XANEIRO PAIS-PROFES... LA RIDÍCULA IDEA DE NO VOLVER A VERTE (ROSA MONTERO)


Recordo ler esta novela de Rosa Montero hai anos como un texto que me impactou; por iso a propuxen para Balbordo.
Os detalles da biografía de M. Curie son recreados pola imaxinación de Rosa Montero, que tamén intercala con aqueles datos algúns aspectos personais da súa propia biografía (en relación coa enfermidade e morte do seu home).
A valentía de Curie, a súa intelixencia, a paixón por vivir e descubrir... sitúana como unha muller excepcional para a época que lle tocou vivir. Igual que lle sucedeu a outras mulleres, os sesus logros profesionais chegaron tras esforzos moi costosos para demostrar unha valía que (en moitoss casos) se fose un home se daría por suposto e non habería xa necesidade de loita.
O carácter paixoal da científica obsérvase, por exemplo, noutra relación que resultou escandalosa para a súa época: anos despois da morte do esposo ligouse sentimentalmente a un home casado (tamén científico). Outros aspectos tratados na obra son por exemplo a relación coas súas fillas, a estreita complicidade co seu home, a insoportable dor tras a morte, as dificultades económicas, as loitas incansables, a precariedade no traballo... foron aspectos que comentamos con moita calma na reunión-cea de comenzo de ano.
Ó final da novela vai o diario que M. Curie redactou tras a morte do esposo.

MARTÍN GRIS. ZURIÑE AGUIRRE. EN BALBORDOBIS


Na editorial Fun Readers está editado este fabuloso álbum de Zuriñe Aguirre do que falamos no grupo de BalbordoBis contando coa axuda do Departamento de Orientación do centro.
Martín é un neno sempre preocupado polo que lle poda pasar e por como reaccionarán os que o rodean. Inquiétalle que lle podan saír ramas, por exemplo, que lle medre tremendamente o nariz... pero para todos os seus medos a súa nai ten unha estupenda resposta. 
Un fermoso canto ó respecto e ás diferenzas.


E todos rematamos falando en BalbordoBis dos nosos medos, das inquedanzas, dos sentimentos que nos provocou a lectura e as imaxes...
Os rapaces contarán a súa opinión...

OUTRA LECTURA EN PMAR: ¿QUÉ SERÁ DE TI? ALEXANDRA/ DANIEL MIZIELINSCY

Que ben o pasamos comentando este álbum! Déunos para falar, rir, imaxinar, sorprendernos, descubrir...comentando as distintas profesións que aparecen nel.



Neste libro expóñense diferentes traballos e profesións do máis orixinal e divertido.


Os adxectivos que máis usaron para resumir o texto poposto foron: curioso, ameno e moi moi interesante.


E, de paso..., ocurríronsenos varias profesións que serían moi entretidas.

UNHA LECTURA PARA O GRUPO 4º ESO: EUROPA EXPRESS. ANDREA MACEIRAS


Añadir leyenda
Benvida ao Clube de Lectura de 4ºESO
 Inauguramos este clube de lectura coa obra de  Andrea Maceiras Europa Exprés. O libro conta a historia dunha panda de amigos que ao rematar 2º de Bacharelato viaxan  por Europa en Interrail. Dez anos despois un dos personaxes atopa nunha postal información que lle causará unha grande impresión e decide organizar unha festa de reencontro cos compañeiros e compañeiras de viaxe.
Todos os alumnos que participaron estiveron de acordo en destacar que é un libro fácil de ler, intrigante e que consegue atrapar ao lector. En canto aos personaxes que máis e menos gustaron as opinións foron dispares, aínda que Óscar foi un dos preferidos.
 Houbo tempo para  falar do valor da amizade, da presenza do amor e da súa ausencia, do peso da culpa, algúns dos temas desta novela.
En resumo, esta primeira experiencia do clube de lectura de  4º ESO  resultou satisfactoria. Agardemos que a seguinte proposta lectora tamén o sexa. Seguiremos en contacto.


(Selena González Anseras)

TRES LECTURAS PARA NOVEMBRO EN 1º E 2º/3º ESO

GRUPO PROFESORES-PAIS: TRES DÍAS Y UNA VIDA. LEMAITRE

Moitos dos do grupo de pais e profesores xa leramos varias novelas de P. Lemaitre (Rosy&Jhon, Irene, ÁlexVestido de noviaNos vemos allá arriba) e o comentario xeral foi que é un autor que atrapa ó lector con facilidade.
Esta historia versa sobre o arrebato de ira dun adolescente que o leva a cometer unha acción deleznable que o perseguirá continuamente nos seus pensamentos nos anos sucesivos. Asistimos, pois, ó "caos psicolóxico" no que se  asenta a vida do xoven como consecuencia de dito acto.  Foi un aspecto dos que falamos, ademais do comportamento da familia, do entorno, o azar, as voltas da vida... Coincidimos tamén en que a maestría do texto reside en que mantén a nosa atención durante moitísimas páxinas sen que a acción avance considerablemente. E tamén nos referimos con detemento ó impredicible final.
O peso da culpa, dos erros, das malas decisións, do entorno... todo está maxistralmente retratado en Tres días y una vida, novela que comentamos na Reunión-cea de Balbordo para inaugurar o curso.

GRUPO PMAR: REFUGIADA. La Odisea de una familia. TRENFUGIADOS.



Falamos de dous libros que impresionaron ós alumnos pero que elixín precisamente porque contrastan moito polo tono e as ilustracións aínda que aborden a mesma temática.
O primeiro, en tonos azul claro e escuro, con imaxes moi sinxelas pero trazos impactantes pola súa grande expresividade... reflicte perfectamente a anguria dunha nena que non entende que debe marchar dun fogar acolledor para percorrer un espazo descoñecido, ameazante e inhóspito. Masas de xente, desprazamentos e fundamentalmente dor, moita dor é a transmitida por este álbum de Tessa Juliá Dinarès e Anna Gordillo editado en  La Galera.
O segundo álbum que comentamos: trenfugiados (de José Campanari Evelyn Daviddi, en La Fragantina) é moito máis doce ó tratar a mesma problemática. É tamén un álbum impresionante e solidario. Neste caso, as conversacións duns nenos  sobre levar comida ó cole para os "trenfugiados" e os comentarios sobre o erro na pronunciación da palabra leva no texto a unha reflexión (entre uns nenos e a súa avoa) sobre a terrible realidade dos refuxiados. Destacamos deste texto, frente ó outro, a nota de esperanza.
Pareceume boa idea proporlles as dúas lecturas porque este gran problema debe ser tratado e abordado con toda a súa crueldade.
 Algún alumno quedou tan impresionado que non puido conter as bágoas.