No terceiro trimestre algúns dos alumnos de 1º e 2º da ESO leron unha obra de teatro de Luis Matilla: El árbol de Julia.
A protagonista, Julia, é unha nena alegre, decidida e
sensible que para evitar que talen unha árbore centenaria decide gabear por ela
e ficar alí. A súa actitude dálle unha lección aos adultos que so buscan o
éxito e os cartos.
Os alumnos empatizaron moito coa protagonista e a temática
deu pé a unha interesante tertulia.
Nuria Mariño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario