Amosando publicacións coa etiqueta O pintor do sombreiro de malvas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O pintor do sombreiro de malvas. Amosar todas as publicacións

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS, Marcos Calveiro

Introducirse nos últimos anos da vida de Vincent Van Gogh da man dun rapaz fillo de solteira que o acompaña nas súas ires e vires pola vila de Auvers foi unha delicia para os membros de Balbordo.  O narrador protagonista humaniza os demos que asediaban a mente do artista, ao facernos partícipes das inquedanzas que eles provocan nun adolescente que, pouco a pouco, vai trabando amizade co xenio do pelo rubio.

Por iso, na reunión, falamos de como a lectura lévanos a facernos nós tamén amigos de Vincent e a sentir a dor polo seus tormentos e o seu desgraciado final.

Dende logo, invitamos á súa lectura, especialmente aos apaixoados pola obra deste extraordinario artista.

VISITA DE MARCOS S. CALVEIRO


Hoxe visitounos Marcos S. Calveiro.  Veunos falar de O pintor do sombreiro de malvasPalabras de auga e O carteiro de Bagdad, obras que o alumnado de ESO leron ou están a ler  nas súas clases de Lingua Galega ou no club de lectura Balbordo.  Resultou moi interesante saber como é a xénese das súas obras, moitas delas nadas a partires dunha noticia nun periódico ou dun tema de actualidade.  Foron charlas moi amenas onde os rapaces e rapazas puideron preguntar curiosidades xurdidas da lectura.  Neste senso, Marcos Calveiro fíxonos saber que el gosta de obras nas que o autor non explique e detalle todo, senón que plantexen preguntas e finais abertos que precisen da participación do lector.