Amosando publicacións coa etiqueta Acoso escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acoso escolar. Amosar todas as publicacións

24 de abril de 2025 ENCONTRO CON IÑAKI ZUBIZARRETA

 


O alumnado de 1º e 2º ESO, entre o que se atopaba a rapazada que integra os diferentes clubs de lectura, participou o xoves 24 de abril de 2025 na charla Rompendo a lei do silencio de Iñaki Zubizarreta organizada pola Asociación cultural, educativa e social aulABERTA. Foron un total de 85 rapaces e rapazas que tiveron ocasión de escoitar de primeira man o testemuño de Iñaki que sendo un neno de tan só 11 anos sufriu acoso escolar.

Zubizarreta insistiu na necesidade de concienciar a rapazada para que non permita actos de acoso e sexa valente para informar as persoas maiores e así poder rematar con brutais episodios que levan, en moitos casos, ao suicidio de adolescentes.

Para finalizar o acto, Iñaki Zubizarreta realizou un xogo coa rapazada onde tiñan que desenvolver varios roles: acosador/-a e acosado/-a e así experimentar nas súas propias carnes o que se sente ao seren humillados e como os amigos/-as deben de plantarse e berrar moi alto: PARA XA, TRÁTAO/-A BEN!!

O alumnado foi acompañado por varias profesoras: Carmen Quiroga, Silvia Ferrín, Nuria Mariño e Pilar López.

Foi unha charla moi interesante, emotiva e cun alto convite á reflexión.

Grazas, Iñaki Zubizarreta, por “desnudar” as túas vivencias co obxectivo de que ningún outro rapaz ou rapaza volva sufrir o mesmo que sufriches ti.

Grazas, tamén, á Asociación aulABERTA, por ternos convidado.
















JANE, EL ZORRO & Y YO. ISABELLE ARSENAULT-FANNY BRITT

Recentemente editou Salamandra Graphic esta Novela Gráfica de Isabelle Arsenault e Fanny Britt. 
Paréceme moi recomendable por varias razóns: o extremo coidado do texto e as ilustracións, a temática ou a mensaxe que transmite... por citar algunhas. Pensei tamén que era un texto idóneo para este grupo de rapaces que viñan de ler Eskoria no primeiro trimestre. 
Hélène é unha rapaza acomplexada debido ós continuos ataques verbais que sofre por parte dos seus compañeiros de clase, síntese distinta, desplazada, illada... e refuxiase na lectura dunha novela de Charlotte Brontë: Jane Eyre, obra cunha protagonista que lle recorda moito a ela mesma. De modo maxistral vai intercalando a propia historia da nena coas suxestións provocadas pola lectura sanadora para ela.Pero as cousas cambian de repente e asoma un raio de cor e esperanza.
De todo esto falamos en Balbordo relacionándoo co libro anterior.
Outra recomendación con esta temática:

EL ÚLTIMO CURSO, Luis Matilla


La última reunión de Balbordo estuvo dedicada al teatro. Leímos El último curso, de Luis Matilla, una obra que aborda el tema del acoso escolar, analizado desde diferentes planos, que se corresponden con los diferentes personajes que aparecen en la escena: el profesor, la presidenta del ANPA, la representante de la administración, la compañera de clase, los padres...

La obra, en general, nos gustó mucho.  Nos sorprendió su final, imprevisible, que nos invita a pensar en que este grave problema puede adquirir diversos tintes y desencadenar reacciones imprevisibles.

Evidentemente, el tema nos dio mucho que hablar, porque nuestra realidad es la de las aulas.  Reflexionamos sobre la figura del acosador y del acosado.  Nos preguntamos por qué muchas veces los padres, los profes son los últimos en enterarse.  Tratamos casos reales de acoso escolar.

Nos enganchó también la lectura de una obra teatral.  A pesar de ser un género cuyo fin es la representación, descubrimos que también se disfruta del teatro leyéndolo.  Luis Matilla es autor de muchas obras de teatro juvenil.  Si te gusta, puedes encontrar muchas de ellas en la biblioteca.