Amosando publicacións coa etiqueta Amistad. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Amistad. Amosar todas as publicacións

EL LENGUAJE DE LAS FLORES. VANESSA DIFFENBAUGH

A novela elixida para o grupo de pais profes foi esta de Vanessa Diffenbaugh, editada en Salamandra. A temática motivou unha verdadeira discusión sobre a protagonista da historia. Uns identificábanse con ela e o seu comportamento e outros falaron dunha especie de novela rosa. As opinións foron moi encontradas.
Penso que é unha novela de sentimentos, de abandonos, de perdón e pérdas... É tamén un texto sobre a maternidade, a adopción, a búsqueda de un mesmo e a ilusión que proporciona todo aquelo que nos fai estar ben con nós mesmos...
É a historia dunha aprendizaxe vital difícil no que unha moza que viviu en distintas familias de adopción e en centros de acollida sucesivos se atopa totalmente perdida ata que se da contaa de que o don especial que posee (é unha apaixoada das frores e os seus significados) lle vai permitir realizarse nun traballo que lle encanta: vendedora de frores; ocupación na que pronto destacará pola súa sensibilidade e  extraordinarias cualidades.
Hai na novela momentos de auténtica, desesperación, frustración... nos que só a linguaxe das frores e os seus  significados provocarán unha firme esperanza.
A interesante protagonista é un ser contradictorio, difícil... unha muller que loita (á súa maneira) por amar e ser querida, aínda que teña que comportarse dun modo pouco convencional.

EL PROYECTO ESPOSA. GRAEME SIMSION

Divertido, entretido, optimista e orixinal nos pareceu este libro de Graeme Simision editado en Salamandra.
Despois da lectura no grupo de pais-profes do durísimo Nada pareceu axeitado variar de tono de lectura e temática, iso comentamos na cea dos adultos na que charlamos deste libro.
Aínda que o final parece totalmente predecible, é moi tenro.... 
O protagonista ten síndrome de Asperger e o seu comportamento provoca perplexidade entre os que o rodean. É profesor de xenética nunha Universidade e a súa principal preocupación é que no logra repetir cita coas mulleres que coñece; elabora un cuestionario con 16 preguntas para atopar "a súa media laranxa". No seu camiño crúzase unha xoven que é todo o oposto ó que está buscando pero con ela aprenderá que na vida moitas veces non funciona o predecible.
Unha reflexión sobre as diferenzas, a posibilidade de cambiar das personas, as ilusións, as búsquedas e as oportunidades continuas que ten o ser humano de ser distinto para mellorar ou alcanzar todos os soños que desexa...

LA LECCIÓN DE AUGUST. R.J. PALACIO

Ten varios méritos este libro destinado fundamentalmente ós xóvenes:
-A súa sinxela e multiperspectivística narración, que lle aporta á novela gran amenidade ó presentarnos un mesmo suceso desde distintos puntos de vista dos implicados. 
-Expón dun modo sinxelo un tema que debería interesarnos a todos: as dificultades que o protagonista da historia sofre, debido a unha deformidade física que condiciona toda a súa existencia. 

August vai ó Instituto e alí  enfróntase a un inicial rexeitamento da maioría dos adolescentes (fundamentalmente sinten curiosidade pero fanlle o silenzo ó seu paso) con algunhas excepcións, que lle mostrarán un verdadeiro cariño. Alí coñecerá a amizade desinteresada e tamén a crueldade e aprenderá importantes ensinanzas vitais. A familia, que sempre o protexera e mimara, é vista fundamentalmente na súa directa relación cos seus pais e a súa irmá (que o adora pero que, á vez, se sinte mal polas circunstancias do seu irmán).
Unha historia variada, enriquecedora... de moi recomendable (e doada) lectura para os xóvenes.
De todo iso falamos na Biblioteca na nosa reunión co grupo de rapaces de 1º e 2º ESO.