Amosando publicacións coa etiqueta Balbordo alumnosPMAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Balbordo alumnosPMAR. Amosar todas as publicacións

DIFERENTE EN BALBORDOPMAR

É fascinante este álbum no que prima a defensa da individualidade  e das diferenzas frente aos reproches dos que pensan que todos teñen que comportarse dun modo non imprevisible.

A amizade incondicional e a tenrura son valores moi presentes neste recomendable álbum que lles encantou ós alumnos e do que nos farán algún comentario.

CUANDO CANTAN LAS SIRENAS.



Os animo a descubrir esta preciosa historia de José Carlos Román autor de Cuando cantan las sirenas... para que no olvidemos que los sueños se hacen realidad cuando menos te lo esperas...

Este libro es un canto a la magia y la inocencia de nuestra infancia y la importancia de mantener nuestros sueños y la lucha por aquello en lo que creemos y soñamos.


Ojalá los adultos aprendamos con Jaime a mantener la ilusión.
A los alumnos les ha encantado.


Carmen Quiroga.


SENTIMENTO en BALBORDOPMAR



Leer  Sentimiento no deja indiferente. Estamos poco habituados a que libros infantiles estén envueltos en tanta tristeza y reflejen la crueldad a que puede llegar el ser humano.

Sentimiento nos habla de soledades, de prejuicios, de rechazo y de la necesidad de calor y cariño de todo ser humano…

La historia, aunque triste fue una buena oportunidad para trabajar valores y empatía… hablamos de indiferencia, soledad, palabras hirientes, y de una niña muy especial, diferente en cierto modo, como la marioneta que le reconforta con su alegría y su sonrisa. Como no podía ser de otra forma es esta niña (Selma) la que cierra la historia cuando muere un ser querido y nos aferramos a algo material para mantener vivo su recuerdo, atrapando el chal de Sentimiento.
(Texto: Carmen Quiroga González)

CUENTOS SILENCIOSOS. ALUMNADO PMAR

Sempre resulta marabilloso compartir este fascinante libro, de Benjamín Lacombe, que nunca deixarei de recomendar e utilizar...
Sen unha palabra provoca tantas emocións, asombros e verdadeira sorpresa entre o alumnado que os pon a falar inmediatamente dos contos que coñecen xa ou se mostran interesados polos que descoñecen e alguén empeza a narrar ou hai que buscar.
Pinocho, Caperucita, Alicia, Barbazul, Peter Pan...
Un libro absolutamente delicioso.




1 BIOGRAFÍA DE F. KHALO DO LIBRO: LAS CHICAS SON GUERRERAS E UN ÁLBUM ILUSTRADO DE FRIDA EN PMAR3-FEBREIRO

A biografía de Frida K. incluída no estupendo libro Las chicas son guerreras e o marabilloso álbum ilustrado-troquelado de B. Lacombe sobre a vida da gran pintora foron os elixidos esta vez para traballar co alumnado de PMAR3.

Encantounos a experiencia. Ningún dos alumnos coñecía a Frida así que estas lecturas foron todo un agasallo para eles, que quedaron impresionados, como inmediatamente confesaron.
Relemos, tocamos as ilustracións, comparamos con cadros e, en definitiva, disfrutamos con este agasallo ós ollos e á imaxinación.

OUTRA LECTURA EN PMAR: ¿QUÉ SERÁ DE TI? ALEXANDRA/ DANIEL MIZIELINSCY

Que ben o pasamos comentando este álbum! Déunos para falar, rir, imaxinar, sorprendernos, descubrir...comentando as distintas profesións que aparecen nel.



Neste libro expóñense diferentes traballos e profesións do máis orixinal e divertido.


Os adxectivos que máis usaron para resumir o texto poposto foron: curioso, ameno e moi moi interesante.


E, de paso..., ocurríronsenos varias profesións que serían moi entretidas.

GRUPO PMAR: REFUGIADA. La Odisea de una familia. TRENFUGIADOS.



Falamos de dous libros que impresionaron ós alumnos pero que elixín precisamente porque contrastan moito polo tono e as ilustracións aínda que aborden a mesma temática.
O primeiro, en tonos azul claro e escuro, con imaxes moi sinxelas pero trazos impactantes pola súa grande expresividade... reflicte perfectamente a anguria dunha nena que non entende que debe marchar dun fogar acolledor para percorrer un espazo descoñecido, ameazante e inhóspito. Masas de xente, desprazamentos e fundamentalmente dor, moita dor é a transmitida por este álbum de Tessa Juliá Dinarès e Anna Gordillo editado en  La Galera.
O segundo álbum que comentamos: trenfugiados (de José Campanari Evelyn Daviddi, en La Fragantina) é moito máis doce ó tratar a mesma problemática. É tamén un álbum impresionante e solidario. Neste caso, as conversacións duns nenos  sobre levar comida ó cole para os "trenfugiados" e os comentarios sobre o erro na pronunciación da palabra leva no texto a unha reflexión (entre uns nenos e a súa avoa) sobre a terrible realidade dos refuxiados. Destacamos deste texto, frente ó outro, a nota de esperanza.
Pareceume boa idea proporlles as dúas lecturas porque este gran problema debe ser tratado e abordado con toda a súa crueldade.
 Algún alumno quedou tan impresionado que non puido conter as bágoas.



LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES. N. LÓPEZ SALAMERO-M. CAMERO S.

Porque non todos os contos teñen que ter final feliz, porque non todas as mulleres senten a necesidade de estar na compañía dun home, porque o importante é a felicidade de cada unha e a liberdade de actuación, porque hai que revisar moitos tópicos sobre o amor... por moitas destas razóns considerei que este era un bo libro para ler e reflexionar cos alumnos do grupo de Pmar (todas mulleres menos un rapaz!). 
Foi unha moi interesante lectura e discusión para todos. Na editorial Planeta este álbum que desmonta tópicos.

QUE LLE ACONTECE Á AVOA? WHAT'S WRONG WITH GRANDMA?- MIGUEL PERALTA-XOANA ÁLVAREZ

Álbum presentado en edición bilingüe (galego/inglés). Preciosas e suxestivas ilustracións en tonos marróns.
Narra a historia dunha avoa que ten nobelos de lá na cabaza. A súa neta, con gran tenrura, tenta que non se lle mixturen os recordos, desfacéndolle os nobelos.
Unha reflexión sobre a perda da memoria e a enfermidade do alzheimer, sobre o que estivemos reflexionando no grupo de PMAR. Especialmente meditamos sobre o importantes que son os recordos para cada un de nós.

EL LADRÓN DE PALABRAS. NATHALIE MINNE

Ademais dunhas extraordinarias, e grandes, ilustracións, este álbum ten un texto cheo de palabras que provocan en nós moitas sensacións e emocións diversas... É o que sucedeu mentres falabamos del na reunión do grupo de alumnos de PMAR2.
Palabras que serán clasificadas polo personaxe que protagoniza a historia e que nós usamos para xogar, pensar, clasificar...
E a última ilustración deunos para pensar en que palabra sacaríamos nós cando falamos de amor e cal seleccionariamos.


EL DIARIO DE LAS CAJAS DE FÓSFORO. PAUL FLEISCHMAN-B.IBATOULLINE

Cando atopo un álbum que me enamora intento compartilo cos meus alumnos. Neste caso tratouse do libro de P. FleiscHman e B. Ibatoulline, da Editorial Juventud. As súas ilustracións e a tenra historia fíxonos estar moi atentos a todo o pequeno grupo de alumnos de PMAR2.
A neta, que  visita ó seu bisavó, descubrirá o que este garda coidadosamente dende a súa infancia: recordos agochados en caixiñas. Cada un deles evócalle un interesante episodio da súa vida, da que hai moito que aprender. Unha existenza trenzada con pequenas pezas que encerran moitos significados para o que as atesorou.
Precioso.
Estas foron algúns dos adxectivos cos que calificaron a historia os sete rapaces despois de comentar o libro:
"Añoranza. Tristeza. Melancolía. Emocións. Empatía"

ÉRASE UNA VEZ UN CUENTO. ANIZE EGUIARTE-ALFONSO BERROYA.

Marabilloso este Cómic de Anize Eguiarte e Alfonso Berroya, editado en Saure. 
Son cinco historias nas que os protagonistas son nenos que se enfrentan, inventando historias, ás dificultades e problemas que lles tocou vivir. Trátase de que reflexionemos sobre situacións que lles crean inseguridade, incertidume, medos... E iso fixemos no grupo de PMAR2. Con moita atención e con asombro polo que estabamos descubrindo.
Unha parte da historia é en branco e negro (a que presenta a realidade) e a outra en cor (onde se debuxan os soños e desexos).
Unha nena que soña con princesas mentras sofre o comportamento dun pai alcólico, un bebé aterrorizado  polo seu pai, un neno que quere ser muler, unha moza que sofre acoso, uns irmáns que non asumen que o seu  pai teña unha nova relación... 
Un estupendo libro para abordar cos adolescentes situacións que poden preocuparlles.