Esta novela de Marina Mayoral, de fortes sentimentos e nostalxia, está ambientada no momento da guerra civil en España coas consecuencias que conlevou para exiliados e familias. Un tema que, desgraciadamente hoxe está presente tamén polos conflitos bélicos que asolan estes tempos difíciles. Por iso foi a elixida para a nosa reunión de Balbordo, na que xurdiron moi interesantes reflexións.
O exilio das irmás Harmonía e Rosa a Rusia (deben abandoar a súa terra e familia), o valor da amizade desinteresada (que sempre salva ideoloxías e fronteiras) e que recibe inesperadamente unha recompensa, unha obrigada incomunicación coa familia pola censura... son algúns aspectos importantes na obra, que se van artellando coa loita por avanzar, nunha vida na que hai que tomar decisións, elixir e medrar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario