Amosando publicacións coa etiqueta Balbordo 2015/16. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Balbordo 2015/16. Amosar todas as publicacións

UNA FORMA DE VIDA. AMÉLIE NOTHOMB

Esta corta novela de Amélie Nothomb, formulada en gran parte como xénero epistolar, atrapoume pola súa axilidade, a súa temática, a sutil psicoloxía na presentación do personaxe principal... Nembargantes, non houbo na última reunión do grupo de profesores-pais a mesma opinión sobre este texto, que non despertou tanto interese como eu pensaba.
O intercambio de cartas entre a escritora e un home, soldado en Irak, que lle conta a súa vida e o estado ó que chegou (ten unha obesidade mórbida, á que considera unha forma de rebeldía contra o exército) centra a temática da novela. O xoven, que leu todas as obras da autora, dalle unhas explicacións desde as primeiras misivas que provocan nela gran intriga e curiosidade que a levan a continuar unha curiosa comunicación.
A soidade, a mentira, a ansia de ser escoitado, os soños de ser outros, a reflexión sobre a escritura e a relación autor-lector, a ironía... están presentes neste Una forma de vida da orixinal A. Nothomb.

ASTÉRIX OS LOUREIROS DO CÉSAR. GOSCINNY

Tivemos que suspender para a volta a última reunión de Balbordo (que íamos facer no xardín do Instituto cuns pinchos) debido a problemas coas datas de exames do alumnado.
De todos modos, leron Astérix, que sempre é un regalo para a imaxinación. Neste caso, os personaxes teñen unha misión: buscar a coroa de loureiros do césar para preparar un guiso.
Inxenioso, sinxelo, divertido Astérix.

FAMILIARIO. MAR CERDÁ en BALBORDOBIS

Edita Comanegra este divertidísimo álbum de Mar Cerdá no que cun sinxelo cambio nalgunha das 15 láminas pódense crear moi diversos tipos de familia.
Unha boa maneira de imaxinar e debatir.


MANUEL MARÍA NA NOSA MEMORIA

Moitísimas caixas de papel, con poemas e fotos do autor, moita participación do alumnado, moito traballo nestas dúas últimas semanas fixeron posible que este espectacular mural elaborado polo profesor de plástica Marcos Vilariño presida a entrada do centro.
No noso recordo sempre teremos a este gran poeta que tantos anos viviu en Monforte.


CRÓNICA DE UNA MUERTE ANUNCIADA EN CLUB DE LECTURA

Seguindo coa proposta deste curso de enfocar as lecturas de selectividade de 2BAC en reunións de Club de Lectura, a última foi a gran novela de García Márquez: Crónica de una muerte anunciada.
Desmembramos episodios, parámonos a pensar na maneira de comportarse dos personaxes, percorremos lugares e momentos do texto coa nosa reflexión.
 E as palabras dos rapaces traspasaron os límites da lectura obrigatoria para disfrutar dun texto sinxelo e á vez complexo do universo narrativo de García Márquez.

LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE MARÍA REIMÓNDEZ

Lía é unha nena que recibe un agasallo en Reis: unhas zapatillas deportivas. Con elas fará unha viaxe imaxinaria ata a India, lugar no que uns nenos as fabricaron recibindo unhas pagas míseras e sufrindo dunha explotación que Lía descoñecía. De volta á casa despois da experiencia, a reflexión sobre as condicións adversas nas que viven moitos nenos do mundo é inevitable. E a Lía ocúrreselle unha proposta para os seus compañeiros de clase e para intentar aportar o seu grao de area para que as cousas poidan mellorar.

CAPERUCITAS EN BALBORDOBIS

Na reunión cos rapaces de BalbordoBis disfrutamos moitísimo cun par de historias sobre Caperucita. Unha delas foi o libro Lo que no vio Caperucita roja,de Mar Ferrero, simpática versión do conto clásico no que se ven os distintos puntos de vista dos protagonistas da historia. Un bo modo de facernos reflexionar sobre as distintas perspectivas que ofrece unha mesma realidade.

E tamén traballamos con Una Caperucita rojaOtra Caperucita roja (de Leray Marjolaine). Neste caso sobresalen o grafismo e a esquematicidade dos personaxes, a brevidade e a aparente sinxeleza dos trazos...
Unha interesantísima versión do conto (editada en Océano Travesía), que podedes ver neste vídeo de Youtube que atopei en internet.

LA FUNDACIÓN. BUERO VALLEJO

Outro dos libros de lectura de 2º BAC, La Fundación, foi obxecto de reunión en Balbordo para que o alumnado enfocase o estudio da obra dun modo máis ameno, sen a presión de preparala para un exame de selectividade.
O  mesmo que sucedeu con Plenilunio ocurriu neste caso: enchemos a Biblioteca de palabras sobre partes que máis impactaron, personaxes, ambientes, significados... porque  o importante da experiencia é que a pesar do numeroso número de alumnos (elevadísimo para unha reunión dun club) logramos conversar sobre o texto distendidamente esquecendo as preguntas de Selectividade.

PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL.



Entretida, intelixente, divertida... son algúns dos calificativos que lle aplicaría a esta novela de Diego Arboleda-Raúl Sagospe coa que se pode disfrutar tremendamente. 
Continuas referencias e guiños á obra de Lewis Carroll, Alicia en el país de las maravillas, humor sutil, absurdo, personaxes diferentes e peculiares... e grandes doses de fantasía compoñen os ingredientes deste breve libro; moi recomendable ademais porque vai acompañado de simpáticas ilustracións.
Un curioso anuncio aparecido nun periódico leva a unha institutriz francesa (Eugéne) a viaxar ata N York para ocuparse dunha nena que, según os seus pais, está obsesionada co personaxe da obra de Lewis Carroll. A institutriz debe vixiala para que non averigüe que vai chegar á cidade unha muller maior que foi a inspiradora do personaxe de Alicia en el país de las maravillas. Pero pronto triunfará a fantasía e o xogo e a institutriz se verá envolta nunha cadea de acontecimientos nos que ó final triunfa o desexo por saber e a imaxinación. 
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2014, entre outros...

DEADLY (MORTAL). SARA SHEPARD


In Rosewood, news vans lurk outside gated drives and FBI agents are knocking on every mansion door  and it's all because four pretty liars simply don't know how to be good. Spencer, Hanna, Emily and Aria have been keeping killer secrets for an entire year . . . things that could land them in jail if A ever told. And now A has. One by one, the girls' worst deeds come out, and their worlds come crashing down around them. Spencer gets kicked out of Princeton. Hanna gets kicked out of her dad's campaign, and his heart. Emily gets kicked to the curb. And Aria may get kicked out of the country.

Meeting: break time 15th of February
The first meeting of the book club was a total success. We met for half an hour during the break time. Tlaloc was the person who led the meeting, and eight students who formed the members of the club discussed and agreed expectations. For the first book Tlaloc and I decided to choose something interesting for the students and also to use the eBooks from the library as a motivation for them. There were members who hadn't finished the book because of its length but they came to the meeting anyway. Tlaloc started the meeting with a review of the book’s main characters and he explained important information from the previous books, because Deadly is the 14th book in the Pretty Little Liars series. However, the best point of the meeting was the revelation at the end of the book because it wasn't really clear in the book. 


Eva Dios. Tlaloc

HISTORIA DE UNA MAESTRA. JOSEFINA ALDECOA.

Este libro de Josefina Aldecoa que compartimos na reunión dos profesores e pais foi unha boa oportunidade para charlar sobre temas que nos preocupan como docentes, sobre cuestións da nosa profesión que, moitos anos despois, continúan sen avanzar tanto como desexariamos. 
É un libro valente, unha historia contada dun modo sinxelo... da mestra que superando obstáculos, exerce con paixón a súa labor nunha España complexa de xentes e acontecementos que imos adiviñando pouco a pouco nestas páxinas nas que o amor pola súa profesión se entrecruza coa vida persoal e os atrancos cotidianos.
A súa estancia na Guinea española tamén é unha parte interesantísima da obra, igual que a etapa da experiencia no momento da República.
Moito falamos, moito debatimos... apaixoadamente sobre este boísimo libro.

BALBORDO SEGUNDO TRIMESTRE

REUNIÓNS EN XANEIRO-MARZO na Biblioteca.



EL TALLER DE LAS MARIPOSAS EN BALBORDOBIS. GIACONDA BELLI



Marabilloso e optimista Álbum de Giaconda Belli que elixin para compartir nunha sesión cos alumnos de BalbordoBis e coa colaboración do Departamento de Orientación do centro.
A búsqueda da beleza e dos soños pode ser posible, pode haber incomprensión ó redor, dificultades e normas ríxidas establecidas pero hai que loitar polo que un quere. Porque cando un está seguro do que persegue, nada o detén.


LA LECCIÓN DE AUGUST. R.J. PALACIO

Ten varios méritos este libro destinado fundamentalmente ós xóvenes:
-A súa sinxela e multiperspectivística narración, que lle aporta á novela gran amenidade ó presentarnos un mesmo suceso desde distintos puntos de vista dos implicados. 
-Expón dun modo sinxelo un tema que debería interesarnos a todos: as dificultades que o protagonista da historia sofre, debido a unha deformidade física que condiciona toda a súa existencia. 

August vai ó Instituto e alí  enfróntase a un inicial rexeitamento da maioría dos adolescentes (fundamentalmente sinten curiosidade pero fanlle o silenzo ó seu paso) con algunhas excepcións, que lle mostrarán un verdadeiro cariño. Alí coñecerá a amizade desinteresada e tamén a crueldade e aprenderá importantes ensinanzas vitais. A familia, que sempre o protexera e mimara, é vista fundamentalmente na súa directa relación cos seus pais e a súa irmá (que o adora pero que, á vez, se sinte mal polas circunstancias do seu irmán).
Unha historia variada, enriquecedora... de moi recomendable (e doada) lectura para os xóvenes.
De todo iso falamos na Biblioteca na nosa reunión co grupo de rapaces de 1º e 2º ESO.

PLENILUNIO. A. MUÑOZ MOLINA.

Nunca se me ocurriría elixir este libro para un Club de lectura pero o feito de que o alumnado de 2ºBac o tivese como lectura obrigatoria levoume a pensar que podería ser unha boa maneira de enfocar o estudo da novela dunha maneira máis amena e distinta... Por iso lles propuxen, ó meu grupo de alumnos, facer unha sesión especial de Club Balbordo tendo como protagonista a obra de Muñoz Molina: Plenilunio.
Contabamos coa dificultade do elevado número de alumnos da clase pero, aínda así, falaron moito, destriparon o texto sen fixarse na "presión" das cuestións de selectividade, analizamos situacións, personaxes, anécdotas, caracteres, lugares...

Na reunión o ambiente foi o propio dunha sesión do Club: algunha discrepancia, risas... e palabras, moitas palabras

LA CENA.HERMAN KOCH.

O libro elixido para comezar no grupo de pais-profesores foi La cena, do mesmo autor do tamén controvertido libro: Casa de verano con piscina , que xa comentaramos hai un par de anos nunha reunión do Club.
A primeira vez que lin este libro de Herman Koch recordo que me foi sorprendendo progresivamente a medida que avanzaba (sen pausa, dun tirón) na súa lectura. O que máis apreciei do texto é o xiro inesperado que toman os terribles acontecementos narrados, a sorpresa que provoca no lector o descubremiento dun "horror" que se convertirá todavía en algo máis cruel cando coñecemos a totalidade da historia. 
De todo o mencionado falamos apaixonadamente na nosa reunión; tantos puntos de vistas, opinións, discusións, voltas ás palabras... provocou este texto, que podo dicir foi unha reunión dunha tremenda intensidade.

Nunha cea nun luxoso restaurante reúnense dúas parellas (os homes son irmáns). Entre prato e prato conversan pausadamente e coñecemos (desde o punto de vista dun dos hombres ) que os fillos de ditas parellas participaron na morte dunha indixente nun caixerio automático. Uns sucesos estremecedores, uns comportamentos nos que a violencia de diversos tipos centra o núcleo central da historia, cuns personaxes tan contradictorios e complexos que é imposible que nos deixen indiferentes. 
Unha obra para reflexionar moito. Ideal para un club de lectura. Moi, moi recomendable. 


PRIMEIRO TRIMESTRE

REUNIÓNS EN NOVEMBRO-DECEMBRO na Biblioteca.



BENVIDOS A BALBORDO CURSO 2015/16


Despois dun par de anos sen actividade no grupo dos rapaces, voltamos ó noso Club de Lectura Balbordo.