Amosando publicacións coa etiqueta Marcos S. Calveiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marcos S. Calveiro. Amosar todas as publicacións

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS, Marcos Calveiro

Introducirse nos últimos anos da vida de Vincent Van Gogh da man dun rapaz fillo de solteira que o acompaña nas súas ires e vires pola vila de Auvers foi unha delicia para os membros de Balbordo.  O narrador protagonista humaniza os demos que asediaban a mente do artista, ao facernos partícipes das inquedanzas que eles provocan nun adolescente que, pouco a pouco, vai trabando amizade co xenio do pelo rubio.

Por iso, na reunión, falamos de como a lectura lévanos a facernos nós tamén amigos de Vincent e a sentir a dor polo seus tormentos e o seu desgraciado final.

Dende logo, invitamos á súa lectura, especialmente aos apaixoados pola obra deste extraordinario artista.

VISITA DE MARCOS S. CALVEIRO


Hoxe visitounos Marcos S. Calveiro.  Veunos falar de O pintor do sombreiro de malvas, Palabras de auga e O carteiro de Bagdad, obras que o alumnado de ESO leron ou están a ler  nas súas clases de Lingua Galega ou no club de lectura Balbordo.  Resultou moi interesante saber como é a xénese das súas obras, moitas delas nadas a partires dunha noticia nun periódico ou dun tema de actualidade.  Foron charlas moi amenas onde os rapaces e rapazas puideron preguntar curiosidades xurdidas da lectura.  Neste senso, Marcos Calveiro fíxonos saber que el gosta de obras nas que o autor non explique e detalle todo, senón que plantexen preguntas e finais abertos que precisen da participación do lector.


O CARTEIRO DE BAGDAD, Marcos S. Calveiro



A lectura de O carteiro de Bagdad sumerxiunos nun país en guerra: o Irak invadido polos americanos tras a caída das Torres Xemelgas.  E iso fíxonos plantexarnos situacións impensables para nós.  Comos nos sentiríamos si tiveramos que separarnos dun amigo íntimo só por pertencermos a relixións diferentes?  Como nos sentiríamos se, despois dunha xuntanza con amigos, tiveramos que despedirnos por si non nos vemos máis?

Falamos tamén da profesionalidade e honestidade do pai, que garda o pergamiño para evitar a súa destrucción; da brutalidade de Mohamed, coa súa forma de despedirse dos nenos; da figura exaltada do levantador de pesas, similar a dos héroes futbolísticos en países sudamericanos.

E encantounos o final do libro: a metáfora da semente das árbores, como mensaxe de esperanza da árbore da vida que volvería a agromar.  No medio do sinsentido da guerra, das penurias vividas polo protagonista, a vida continúa, como continúa o pai facendo o seu traballo de carteiro, cando o esperado era que morrera.

Sen dúbida, o libro gustounos moito.  E animamos a todo o mundo a disfrutar da súa lectura!