Amosando publicacións coa etiqueta 2º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º ESO. Amosar todas as publicacións

16 xuño 2025. Club 2º ESO, O carteiro de Bagdad







Na miña opinión, o libro "O carteiro de Bagdad" é unha novela na que se pode apreciar como a amizade entre dous nenos iraquís, Abdulwahid e Ahmed, de relixións diferentes (un sunita e outro chiíta), enfrontados polas crenzas, viven unha guerra, na que a familia, valentía, axuda, responsabilidade e solidariedade nos tempos difíciles que están a vivir son valores fundamentais para a supervivencia. Este libro convídache a reflexionar sobre a realidade da infancia nos conflitos bélicos.

Julia Gema González Romero

2º ESO B





 



















6 de maio 2025. 2º ESO. Cartas de amor

 




Cartas de amor é deses libros que se len case sen querer. Son cartas que falan de amor, si, pero tamén de todo o que o rodea: dúbidas, medos, ilusións, decepcións… Personaxes diferentes contan o que senten sen adornos, dun xeito moi real.
Gústanos porque non é a típica historia  romántica. Aquí hai amor do bo, do raro, do que doe e do que esperta. É fácil sentirse identificado nalgún momento. Ideal se es adolescente ou simplemente queres ler algo que che faga pensar (ou sentir) sen complicarse a vida