Amosando publicacións coa etiqueta Relacións familiares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Relacións familiares. Amosar todas as publicacións

CRÓNICA DE UNA MUERTE ANUNCIADA EN CLUB DE LECTURA

Seguindo coa proposta deste curso de enfocar as lecturas de selectividade de 2BAC en reunións de Club de Lectura, a última foi a gran novela de García Márquez: Crónica de una muerte anunciada.
Desmembramos episodios, parámonos a pensar na maneira de comportarse dos personaxes, percorremos lugares e momentos do texto coa nosa reflexión.
 E as palabras dos rapaces traspasaron os límites da lectura obrigatoria para disfrutar dun texto sinxelo e á vez complexo do universo narrativo de García Márquez.

HISTORIA DE UNA MAESTRA. JOSEFINA ALDECOA.

Este libro de Josefina Aldecoa que compartimos na reunión dos profesores e pais foi unha boa oportunidade para charlar sobre temas que nos preocupan como docentes, sobre cuestións da nosa profesión que, moitos anos despois, continúan sen avanzar tanto como desexariamos. 
É un libro valente, unha historia contada dun modo sinxelo... da mestra que superando obstáculos, exerce con paixón a súa labor nunha España complexa de xentes e acontecementos que imos adiviñando pouco a pouco nestas páxinas nas que o amor pola súa profesión se entrecruza coa vida persoal e os atrancos cotidianos.
A súa estancia na Guinea española tamén é unha parte interesantísima da obra, igual que a etapa da experiencia no momento da República.
Moito falamos, moito debatimos... apaixoadamente sobre este boísimo libro.

LA CENA.HERMAN KOCH.

O libro elixido para comezar no grupo de pais-profesores foi La cena, do mesmo autor do tamén controvertido libro: Casa de verano con piscina , que xa comentaramos hai un par de anos nunha reunión do Club.
A primeira vez que lin este libro de Herman Koch recordo que me foi sorprendendo progresivamente a medida que avanzaba (sen pausa, dun tirón) na súa lectura. O que máis apreciei do texto é o xiro inesperado que toman os terribles acontecementos narrados, a sorpresa que provoca no lector o descubremiento dun "horror" que se convertirá todavía en algo máis cruel cando coñecemos a totalidade da historia. 
De todo o mencionado falamos apaixonadamente na nosa reunión; tantos puntos de vistas, opinións, discusións, voltas ás palabras... provocou este texto, que podo dicir foi unha reunión dunha tremenda intensidade.

Nunha cea nun luxoso restaurante reúnense dúas parellas (os homes son irmáns). Entre prato e prato conversan pausadamente e coñecemos (desde o punto de vista dun dos hombres ) que os fillos de ditas parellas participaron na morte dunha indixente nun caixerio automático. Uns sucesos estremecedores, uns comportamentos nos que a violencia de diversos tipos centra o núcleo central da historia, cuns personaxes tan contradictorios e complexos que é imposible que nos deixen indiferentes. 
Unha obra para reflexionar moito. Ideal para un club de lectura. Moi, moi recomendable.