Un impresionante álbum, editado en
Bárbara Fiore foi o elixido para reunirnos en BalbordoBis coa colaboración do Departamento de Orientación.
Quen é o avó que leva ó seu neto a un museo?
Por que lle ensina un autobús?
Quen é a muller da imaxe? Que fixo?
Son algunhas das preguntas ás que demos resposta na reunión co grupo dos atentísimos rapaces de BalbordoBis.
O avó dá ó seu neto unha lección sobre tolerancia, racismo e, especialmente, a loita polos dereitos humanos.
O ancián cóntalle ó seu neto como Rosa, unha muller negra que en 1955 ocupou un asento dun autobús e se negou a erguerse para que o ocupase un branco - Rosa Parks- conseguiu con ese xesto que se reflexionase sobre unha lei inxusta e se actuase en consecuencia.
Xuntos reflexionamor sobre a importancia de pequeños xestos valentes que poden cambiar o mundo.
Na contracuberta pode lerse:
"Siempre hay un autobús que pasa en la vida de cada uno de nosotros. Tú mantén los ojos abiertos, no vayas a perder el tuyo".