Iván Garrido, o portagonista desta historia (que edita
la esfera de los libros) xugou con exemplaridade e forza coas "cartas adversas" que desde o seu nacemiento implicou a morte da súa nai e nacer con VIH. A loita convivindo coa enfermidade en momentos difíciles e os problemas na súa etapa escolar de adolescente son narrados nestas páxinas nas que lonxe de mostrar rabia ou dor por distintas situacións adversas afronta con valentía e coraxe as adversidades do camiño. O Kintsugi é o modelo de vida que defende, baseado nun arte de Xapón consistente en reconstruir con precisión o deteriorado e roto para formar unha nova e única peza difícil de substituír.
As súas palabras teñen positividade e continuo agradecemento ós seus avós (que se ocuparon da súa crianza) en especial da "avoa coraxe" á que lle adica especialmente unhas emotivas páxnas.
A amizade, as relacións cos demais, o amor, a familia... con todas as luces e sombras e as contradicións que poden ir acarreando fan do texto un exemplo de superación e fortaleza loables.
Ningún comentario:
Publicar un comentario