Nesta obra de teatro de Ferdinand Von Schirach, autor de Crímenes e Culpa, o argumento é sinxelo: nun xuizo, un fiscal, un xuíz e un avogado defensor (ademais do acusado) tratan a cuestión seguinte: un oficial dispara e derriba un avión secuestrado con 164 persoas para que non se estrele (por orde dun terrorista) nun estadio de fútbol.
A afirmación da páxina 121: "No existe la certeza en cuestiones morales" é un perfecto resumo do dilema que se lle plantexa ó lector/espectador sobre que debe prevalecer do sentido da xuxtiza, decisións morais e persoais que poden afectar a moita xente.
O final queda totalmente aberto á reflexión. Todos estes temas se debatiron na reunión de Balbordo.
No libro tamén hai un discurso no que se anima a Charlie Hebdo a seguir facendo sátira despois dos ataques e atentados na sede da revista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario