Añadir leyenda |
Benvida ao
Clube de Lectura de 4ºESO
Inauguramos
este clube de lectura coa obra de Andrea
Maceiras Europa Exprés. O libro conta a historia dunha panda de amigos
que ao rematar 2º de Bacharelato viaxan
por Europa en Interrail. Dez anos despois un dos personaxes atopa nunha
postal información que lle causará unha grande impresión e decide organizar
unha festa de reencontro cos compañeiros e compañeiras de viaxe.
Todos os
alumnos que participaron estiveron de acordo en destacar que é un libro fácil
de ler, intrigante e que consegue atrapar ao lector. En canto aos personaxes
que máis e menos gustaron as opinións foron dispares, aínda que Óscar foi un
dos preferidos.
Houbo tempo para falar do valor da amizade, da presenza do
amor e da súa ausencia, do peso da culpa, algúns dos temas desta novela.
En resumo, esta
primeira experiencia do clube de lectura de
4º ESO resultou satisfactoria.
Agardemos que a seguinte proposta lectora tamén o sexa. Seguiremos en contacto.
(Selena González Anseras)
Ningún comentario:
Publicar un comentario