Moitos dos do grupo de pais e profesores xa leramos varias novelas de P. Lemaitre (Rosy&Jhon, Irene, Álex, Vestido de novia, Nos vemos allá arriba) e o comentario xeral foi que é un autor que atrapa ó lector con facilidade.
Esta historia versa sobre o arrebato de ira dun adolescente que o leva a cometer unha acción deleznable que o perseguirá continuamente nos seus pensamentos nos anos sucesivos. Asistimos, pois, ó "caos psicolóxico" no que se asenta a vida do xoven como consecuencia de dito acto. Foi un aspecto dos que falamos, ademais do comportamento da familia, do entorno, o azar, as voltas da vida... Coincidimos tamén en que a maestría do texto reside en que mantén a nosa atención durante moitísimas páxinas sen que a acción avance considerablemente. E tamén nos referimos con detemento ó impredicible final.
O peso da culpa, dos erros, das malas decisións, do entorno... todo está maxistralmente retratado en Tres días y una vida, novela que comentamos na Reunión-cea de Balbordo para inaugurar o curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario