Falamos de dous libros que impresionaron ós alumnos pero que elixín precisamente porque contrastan moito polo tono e as ilustracións aínda que aborden a mesma temática.
O primeiro, en tonos azul claro e escuro, con imaxes moi sinxelas pero trazos impactantes pola súa grande expresividade... reflicte perfectamente a anguria dunha nena que non entende que debe marchar dun fogar acolledor para percorrer un espazo descoñecido, ameazante e inhóspito. Masas de xente, desprazamentos e fundamentalmente dor, moita dor é a transmitida por este álbum de Tessa Juliá Dinarès e Anna Gordillo editado en La Galera.
O segundo álbum que comentamos: trenfugiados (de José Campanari y Evelyn Daviddi, en La Fragantina) é moito máis doce ó tratar a mesma problemática. É tamén un álbum impresionante e solidario. Neste caso, as conversacións duns nenos sobre levar comida ó cole para os "trenfugiados" e os comentarios sobre o erro na pronunciación da palabra leva no texto a unha reflexión (entre uns nenos e a súa avoa) sobre a terrible realidade dos refuxiados. Destacamos deste texto, frente ó outro, a nota de esperanza.
Pareceume boa idea proporlles as dúas lecturas porque este gran problema debe ser tratado e abordado con toda a súa crueldade.
Algún alumno quedou tan impresionado que non puido conter as bágoas.
Pareceume boa idea proporlles as dúas lecturas porque este gran problema debe ser tratado e abordado con toda a súa crueldade.
Algún alumno quedou tan impresionado que non puido conter as bágoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario