Este foi outro dos libros elixidos para novembro en Balbordo para comentalo con outro grupo de alumnos.
Neste caso, a diferencia doutras ocasións, non todos coincidiron unanimemente en que disfrutaran coa lectura.
Varios dixeron que lles parecía que daba demasiados exemplos e información e que preferían ler outro tipo de libros, como novelas.
Aínda así foron moitas as reflexións que fixeron sobre algunhas partes do texto: as cámaras que nos vixían, as páxinas web que consultamos, aspectos que saen en películas ou outros programas. Tamén comentaron o uso das redes, os perfiles creados, a información que proporcionamos directamente ou incluso a que dan sobre nós sin que sexamos conscientes... Esos temas (dirixidos a un lector adolescente, fundamentalmente) preséntanse neste interesantísimo libro.

Ata onde chega a nosa privacidade e intimidade? Sentímonos vixiados? Deixamos pegadas que alguén podería utilizar rastreando sen demasiado esforzo?
Está
editado en Siruela (Colección
Nos gusta saber) e é de Tanya Lloydky. Está ilustrado por Belle Wuthrich.
Varios alumnos do outro grupo de Balbordo estaban desexando que este grupo rematase para poder ler tamén este texto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario