Para cambiar bastante de temática respecto ó primeiro libro co que empezamos neste grupo (El increíble caso de B. Brocket) elixín un texto moi diferente, completamente.
Este divertido libro de Martyn Beardsley (con ilustracións de Tony Ross) foi o comentado, o pasado venres na Biblioteca, nun grupo de rapaces de Balbordo.
Todos (menos unha rapaza á que lle pareceu moi infantil) disfrutaron das Insensatas aventuras protagonizadas por un cabaleiro que debe rescatar á raíña Ginebra cando ela desaparece raptada por dúas bruxas malvadas. Nas súas andanzas acompáñao un gato moi especial e un escudeiro: Herbert.
Ambientado nunha Idade Media chea de anacronismos, que provocan a risa do lector, e disparatada (posto que hai alusións a inventos técnicos e circunstancias da vida da actualidade) hai continuas alusións a personaxes xa coñecidos polos rapaces por outras lecturas ou os seus coñecementos como o Rei Arturo e os cabaleiros da táboa redonda.
Un libro que lles resultou divertido, con ilustracións que tamén fan máis amena a lectura. É breve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario