Reunión club de lectura 2º ESO. O corazón de Xúpiter



O pasado 26 de febreiro o Club de lectura  de 2º da ESO tivo unha xuntanza para comentar O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, obra escollida como primeira lectura do curso. 

Houbo moitas opinións con respecto ao libro mais, en xeral, a sensación foi positiva e o alumnado quedou contento coa escolla aínda que ao final... se cadra é un pouco dramático de máis dixeron algúns. 

O emprego que facemos das redes sociais, o acoso escolar e a forma que temos de relacionarnos coas outras persoas, sexan familia, amigos ou parellas, foron algúns dos temas que suscitaron debate e que deron pé a ver como o noso día a día pode estar reflectido nunha obra literaria e que non todo é sempre o que aparenta.



Ningún comentario:

Publicar un comentario