O pasado día 26 de xaneiro de 2024 reunímonos parte dos membros do Club de Lectura Balbordo do IES Río Cabe para falar do libro de Juan Tallón, Rewind.
Resultou unha reunión moi amena e produtiva na que, ademais de xuntarnos ao redor dunha suculenta cea, analizamos os distintos puntos de vista que atopamos nesta novela tras a explosión nun edificio de Lyon onde un grupo de estudantes celebraban unha festa.
Grazas aos
cinco narradores, tanto vítimas como testemuñas do accidente coñecemos o que
aconteceu a noite da explosión e, tamén, as consecuencias que tivo este feito.
Nesta novela
indágase sobre a posibilidade ou non de rebobinar despois dun acontecemento,
nos fantasmas persoais, nos golpes de sorte, na persoa que ao final non somos,
nos segredos que debemos ou non debemos contar e na capacidade do ser humano de
erguerse despois de caer. Esta novela é unha manobra de espionaxe dos
mecanismos da propia vida, que cambia sen avisar, xira, salta polos aires e
destrúe a calquera sen estar preparado.
«Una novela maravillosa, sobre el duelo, la capacidad de
hacer memoria y la vivencia de la felicidad como espejismo. Un libro, de
extraña melancolía, que habla de cómo los humanos salimos adelante tras el
derrumbe» (Marta Sanz, El
Periódico de Cataluña)
«Rewind esconde
una gran ambición: resumir los múltiples ceremoniales de la existencia (amistad
y amor, pérdida y familiaridad) con diversos enfoques y en diferentes etapas de
la vida. Añadamos las prodigiosas caracterizaciones y el oído para la
estructura, la dosificación de detalles pertinentes y el puro gozo del estilo»
(Carlos Pardo, El País)
Ningún comentario:
Publicar un comentario