Introducirse nos últimos anos da vida de Vincent Van Gogh da man dun rapaz fillo de solteira que o acompaña nas súas ires e vires pola vila de Auvers foi unha delicia para os membros de Balbordo. O narrador protagonista humaniza os demos que asediaban a mente do artista, ao facernos partícipes das inquedanzas que eles provocan nun adolescente que, pouco a pouco, vai trabando amizade co xenio do pelo rubio.
Por iso, na reunión, falamos de como a lectura lévanos a facernos nós tamén amigos de Vincent e a sentir a dor polo seus tormentos e o seu desgraciado final.
Dende logo, invitamos á súa lectura, especialmente aos apaixoados pola obra deste extraordinario artista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario