A lectura de O carteiro de Bagdad sumerxiunos nun país en guerra: o Irak invadido polos americanos tras a caída das Torres Xemelgas. E iso fíxonos plantexarnos situacións impensables para nós. Comos nos sentiríamos si tiveramos que separarnos dun amigo íntimo só por pertencermos a relixións diferentes? Como nos sentiríamos se, despois dunha xuntanza con amigos, tiveramos que despedirnos por si non nos vemos máis?
Falamos tamén da profesionalidade e honestidade do pai, que garda o pergamiño para evitar a súa destrucción; da brutalidade de Mohamed, coa súa forma de despedirse dos nenos; da figura exaltada do levantador de pesas, similar a dos héroes futbolísticos en países sudamericanos.
E encantounos o final do libro: a metáfora da semente das árbores, como mensaxe de esperanza da árbore da vida que volvería a agromar. No medio do sinsentido da guerra, das penurias vividas polo protagonista, a vida continúa, como continúa o pai facendo o seu traballo de carteiro, cando o esperado era que morrera.
Sen dúbida, o libro gustounos moito. E animamos a todo o mundo a disfrutar da súa lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario