ÉRASE UNA VEZ UN CUENTO. ANIZE EGUIARTE-ALFONSO BERROYA.

Marabilloso este Cómic de Anize Eguiarte e Alfonso Berroya, editado en Saure. 
Son cinco historias nas que os protagonistas son nenos que se enfrentan, inventando historias, ás dificultades e problemas que lles tocou vivir. Trátase de que reflexionemos sobre situacións que lles crean inseguridade, incertidume, medos... E iso fixemos no grupo de PMAR2. Con moita atención e con asombro polo que estabamos descubrindo.
Unha parte da historia é en branco e negro (a que presenta a realidade) e a outra en cor (onde se debuxan os soños e desexos).
Unha nena que soña con princesas mentras sofre o comportamento dun pai alcólico, un bebé aterrorizado  polo seu pai, un neno que quere ser muler, unha moza que sofre acoso, uns irmáns que non asumen que o seu  pai teña unha nova relación... 
Un estupendo libro para abordar cos adolescentes situacións que poden preocuparlles.

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario