Nunca se me ocurriría elixir este libro para un Club de lectura pero o feito de que o alumnado de 2ºBac o tivese como lectura obrigatoria levoume a pensar que podería ser unha boa maneira de enfocar o estudo da novela dunha maneira máis amena e distinta... Por iso lles propuxen, ó meu grupo de alumnos, facer unha sesión especial de Club Balbordo tendo como protagonista a obra de Muñoz Molina: Plenilunio.
Contabamos coa dificultade do elevado número de alumnos da clase pero, aínda así, falaron moito, destriparon o texto sen fixarse na "presión" das cuestións de selectividade, analizamos situacións, personaxes, anécdotas, caracteres, lugares...

Na reunión o ambiente foi o propio dunha sesión do Club: algunha discrepancia, risas... e palabras, moitas palabras
Ningún comentario:
Publicar un comentario