Este libro de Josefina Aldecoa que compartimos na reunión dos profesores e pais foi unha boa oportunidade para charlar sobre temas que nos preocupan como docentes, sobre cuestións da nosa profesión que, moitos anos despois, continúan sen avanzar tanto como desexariamos.
É un libro valente, unha historia contada dun modo sinxelo... da mestra que superando obstáculos, exerce con paixón a súa labor nunha España complexa de xentes e acontecementos que imos adiviñando pouco a pouco nestas páxinas nas que o amor pola súa profesión se entrecruza coa vida persoal e os atrancos cotidianos.
A súa estancia na Guinea española tamén é unha parte interesantísima da obra, igual que a etapa da experiencia no momento da República.
Moito falamos, moito debatimos... apaixoadamente sobre este boísimo libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario