O alumnado de 1º e 2º ESO, entre o que se atopaba a rapazada que integra os diferentes clubs de lectura, participou o xoves 24 de abril de 2025 na charla Rompendo a lei do silencio de Iñaki Zubizarreta organizada pola Asociación cultural, educativa e social aulABERTA. Foron un total de 85 rapaces e rapazas que tiveron ocasión de escoitar de primeira man o testemuño de Iñaki que sendo un neno de tan só 11 anos sufriu acoso escolar.
Zubizarreta insistiu na necesidade
de concienciar a rapazada para que non permita actos de acoso e sexa valente
para informar as persoas maiores e así poder rematar con brutais episodios que
levan, en moitos casos, ao suicidio de adolescentes.
Para finalizar o acto, Iñaki
Zubizarreta realizou un xogo coa rapazada onde tiñan que desenvolver varios
roles: acosador/-a e acosado/-a e así experimentar nas súas propias carnes o
que se sente ao seren humillados e como os amigos/-as deben de plantarse e
berrar moi alto: PARA XA, TRÁTAO/-A BEN!!
O alumnado foi acompañado por
varias profesoras: Carmen Quiroga, Silvia Ferrín, Nuria Mariño e Pilar López.
Foi unha charla moi interesante,
emotiva e cun alto convite á reflexión.
Grazas, Iñaki Zubizarreta, por
“desnudar” as túas vivencias co obxectivo de que ningún outro rapaz ou rapaza
volva sufrir o mesmo que sufriches ti.
Grazas, tamén, á Asociación aulABERTA, por
ternos convidado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario