JANE, EL ZORRO & Y YO. ISABELLE ARSENAULT-FANNY BRITT

Recentemente editou Salamandra Graphic esta Novela Gráfica de Isabelle Arsenault Fanny Britt
Paréceme moi recomendable por varias razóns: o extremo coidado do texto e as ilustracións, a temática ou a mensaxe que transmite... por citar algunhas. Pensei tamén que era un texto idóneo para este grupo de rapaces que viñan de ler Eskoria no primeiro trimestre. 
Hélène é unha rapaza acomplexada debido ós continuos ataques verbais que sofre por parte dos seus compañeiros de clase, síntese distinta, desplazada, illada... e refuxiase na lectura dunha novela de Charlotte Brontë: Jane Eyre, obra cunha protagonista que lle recorda moito a ela mesma. De modo maxistral vai intercalando a propia historia da nena coas suxestións provocadas pola lectura sanadora para ela.Pero as cousas cambian de repente e asoma un raio de cor e esperanza.
De todo esto falamos en Balbordo relacionándoo co libro anterior.
Outra recomendación con esta temática:

Ningún comentario:

Publicar un comentario