Club de Manga. Reunión de inicio de curso 2026-2027






O club de lectura Balbordo Manga continúa a medrar e a compartir a súa paixón polo manga e pola lectura. Nesta ocasión, xuntáronse 12 alumnos e alumnas nun novo encontro no que a literatura, a imaxinación e o interese pola cultura manga foron os protagonistas.
Estes espazos permiten descubrir novas historias, coñecer personaxes inesquecibles, intercambiar opinións e compartir recomendacións con compañeiros e compañeiras que teñen gustos semellantes.
Porque ler tamén é unha aventura que se vive mellor en compañía, en Balbordo Manga seguimos creando comunidade arredor dos libros, das viñetas e das historias que nos fan soñar.
Seguimos lendo, compartindo e facendo balbordo! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario