Interesante e produtiva reunión do club de lectura Balbordo, do IES Río Cabe, con Arantza Portabales, gañadora do premio Club de Lectura 2024, para debullar o seu libro Beleza vermella.
Antes de sentármonos á mesa, observou con cariño a dedicatoria que a compañeira Flor, encargada da biblioteca, lle fixo como lembranza da súa visita anterior.
Pasaban as 21h do último venres do mes de abril
deste 2024, cando no Parador de Monforte, ao redor dunha mesa e cos pratos
listos para comezar a cear, comezamos a falar do libro e das súas personaxes...de Barroso, Teo, Xia, Lia, Sara..., dos triángulos existentes na trama, das emocións evocadas, das personaxes máis suxerentes...e das menos agradables, das similitudes, das diferenzas,do proceso da escrita do libro,e, por suposto, agromaron as outras obras da triloxía...
Brindamos polo seu premio Club de Lectura 2024, que lle outorga a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Fp por ser a escritora máis lida en Biblioteca Escolares durante este curso académico.
Mais, tamén houbo tempo para as pequenas confidencias da
autora e dos proxectos futuros, dos que tomamos boa nota na axenda!
Moitas grazas, Arantza, por ser como es e por acompañarnos nestas reunións degustando literatura, gastronomía e boa compañía.
Grazas, Arantza, pola túa mención nas redes sociais! Ata a próxima!
Ningún comentario:
Publicar un comentario