EL INCREÍBLE CASO DE BARNABY BROCKET.

O pasado mércores no recreo fixemos a nosa primeira reunión de alumnado na Biblioteca.
Para moitos (os dun grupo de 1ºESO) era a primeira vez que asistían a un Club de lectura e realmente notábase a emoción por compartir opinións posto que hai moitos bos lectores!
Todos querían falar así que, unha vez, aclarado que poderían facelo sen problemas, comezou unha agradable e enriquecedora charla na que todos coincidiron en que fora unha historia que lles encantara. Rapidamente se lanzaron a comentar  aquelo que máis lles chamara a atención. E foi moito e interesante!
El increíble caso de Barnaby Brocket é un texto do gusto dos adolescentes, idóneo para reflexionar sobre as persoas diferentes, o modo de enfrentarse á vida da xente que os rodea e tamén a forza do non conformismo para lograr metas.
O argumento, fantástico e simbólico, é moi simple: nunha familia na que todo parece normal e perfecto, de súpeto chega un novo membro. É un neno que se eleva no aire. A vida dos que o rodean vese profundamente alterada e a reacción dos pais é a de non aceptación do problema. Tras ingresalo nun centro especial no que os nenos non son ben tratados, deciden abandonalo (moi cruelmente). Deste aspecto falaron moito, de como o apoio da familia (que adoita ser o habitual neste tipo de situacións) é nulo neste caso. Impactouolles, creo.
Outro aspecto divertido do texto é que o neno, de tan só 8 anos, vive múltiples aventuras, coñece a variados personaxes que o axuudarán, o explotarán, o coidarán... e, en definitiva,  farán cambie plenamente a súa vida e as súas relacións familiares.
Duro en moitas páxinas, emotivo noutras...é esta novela de  Boyne (autor de  O neno co pixama de raias) editada en Nube de Tinta.
Velaquí algúns dos rapaces momentos antes de comezar a reunión.





No hay comentarios:

Publicar un comentario