LA TRENZA NO GRUPO DE PROFESORES, PAIS...

Está editado en  Salamandra este libro de Laetitia Colombani que comentamos o pasado venres 22 despois dunha cea coa que o grupo de adultos comezamos o comentario de lecturas este curso.
Deu moito que falar este texto na concurrida reunión. En xeral, foi do agrado de todos.
Como o título, a vida das protagonistas vaise "trenzando" cun fío común que comparten as tres historias (que non se desvelan ata o final). Son tres mulleres moi diferentes as protagonistas: en idade, en circunstancias vitais e no lugar que habitan pero todas teñen en común a súa loita pola independencia, o tesón e unhas ideas moi claras, a veces contrarias ás dos que as rodean.
Italia, Canadá e India son os lugares nos que se centra a vida destss seres que a pesar dos problemas e dificultades que lles plantea a existencia queren ser libres e independientes e teñen o poder de decidir por elas mesmas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario