DIARIO DE A FRANK.

Propuxen este libro para o grupo de alumnos de 2º Eso e algúns de 3ª porque unha das rapazas do Club lera na Biblioteca esta novela gráfica (que adxunto na imaxe) e emocionouna tanto que pediu lésemos no grupo o diario. 
É un libro que impresiona ós adolescentes, moitos anos despois dos sucesos vitais narrados.
A voz de A. Frank escoitouse nas reflexións do alumnado, que comentou os episodios do diario, as anécdotas, a vida afogada que se agocha nunhas páxinas cheas de esperanza, forza e á vez desolación... Gustoulles que lles contase como era a casa de A. Frank, convertida nun museo no que tiven ocasión de estar e apreciar a agobiante situación na que se atopaban os seus habitantes.
Lérono en Balbordo e... a continuación foi un libro que pasou por moitas outras mans de alumnado doutros grupos e cursos.
Sempre me pareceu unha obra que marca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario