EL RELOJ MECÁNICO. PHILIP PULLMAN

Elixín esta obra de P. Pullman para comezar co segundo grupo de alumnos de 1ºESO de Balbordo porque a súa brevidade e o derroche de fantasía pareceume un modo idóneo de introducirnos na primeira práctica de falar con outros da experiencia da previa lectura individual. A obra gustoulles! 
O personaxe do que máis se falou foi do príncipe Florian e dos sucesos que lle acontecen. Tamén tratamos o comportamento doutros protagonistas deste texto (o novelista, Gretl...). 
Penso que é un libro moi ameno, de lectura fácil e tan imaxinativo como a engranaxe dun vello reloxio, que cando se pon en marcha arrrastra canda el unha chea de pequenas pezas. Nesta novela hai realidade que se torna ficción, imaxinación que se volve real, historia narrada que se convirte en pesadelo... e unha certa dose de maxia! Tamén comentaron que nalgunha páxina se pasa algo de medo...


Ningún comentario:

Publicar un comentario