Marabillosas ilustracións as deste gran Álbum de Manuel Martínez Soler (obra gañadora, xa hai anos, do III Premio Internacional Álbum Ilustrado de Edelvives).
Falamos na reunión da Biblioteca do cazador de baleas que ten o soño de atopar a Moby Dick e aproveitamos tamén para facer campos semánticos de vocabulario, atopar sinónimos de palabras complicadas...
Os rapaces resaltaron, moi ben, que o personaxe estaba obsesionado cunha idea e que por iso en todo o álbum se vían baleas por todas partes.
A búsqueda é infatigable. Os problemas cos que se atopa o protagonista: moitos. O final deducírono facilmente.
Contemplamos ilustracións, fixáronse nos mínimos detalles que lles chamaron a atención... A ensinanza final: as obsesiones poden impedirnos ver o que está diante dos nosos ollos sen percatarnos.

E desta reunión saiu o seguinte álbum que imos comentar: Cuando cantan las sirenas de J.C.Román e Zuriñe Aguirre (fun readers). Dende o curso pasado (en BalbordoBis) tento que dunha lectura salga outra interconectada nalgún aspecto, ben por contraste ou por semellanza... Descubriremos que relación temática pode ter co anterior texto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario