A novela elixida para o grupo de pais profes foi esta de Vanessa Diffenbaugh, editada en Salamandra. A temática motivou unha verdadeira discusión sobre a protagonista da historia. Uns identificábanse con ela e o seu comportamento e outros falaron dunha especie de novela rosa. As opinións foron moi encontradas.
Penso que é unha novela de sentimentos, de abandonos, de perdón e pérdas... É tamén un texto sobre a maternidade, a adopción, a búsqueda de un mesmo e a ilusión que proporciona todo aquelo que nos fai estar ben con nós mesmos...
Penso que é unha novela de sentimentos, de abandonos, de perdón e pérdas... É tamén un texto sobre a maternidade, a adopción, a búsqueda de un mesmo e a ilusión que proporciona todo aquelo que nos fai estar ben con nós mesmos...
É a historia dunha aprendizaxe vital difícil no que unha moza que viviu en distintas familias de adopción e en centros de acollida sucesivos se atopa totalmente perdida ata que se da contaa de que o don especial que posee (é unha apaixoada das frores e os seus significados) lle vai permitir realizarse nun traballo que lle encanta: vendedora de frores; ocupación na que pronto destacará pola súa sensibilidade e extraordinarias cualidades.
Hai na novela momentos de auténtica, desesperación, frustración... nos que só a linguaxe das frores e os seus significados provocarán unha firme esperanza.
A interesante protagonista é un ser contradictorio, difícil... unha muller que loita (á súa maneira) por amar e ser querida, aínda que teña que comportarse dun modo pouco convencional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario