10 xuño 2026. Dormente. 1º ESO C







No Club de Lectura de 1º da ESO lemos Dormente, de Raquel Castro, un libro que nos presenta unha versión diferente do conto da Bela Dormente. Nesta historia descubrimos que non todo é como nos contos tradicionais e que os personaxes poden decidir o seu propio camiño.

Foi unha lectura amena e fácil de seguir, con momentos que nos fixeron pensar sobre a importancia de tomar as nosas propias decisións, de ser valentes e de non deixarnos levar polos estereotipos. Ademais, as ilustracións fan que a historia sexa aínda máis atractiva.

Despois da lectura compartimos as nosas opinións e comprobamos que un conto clásico pode contar unha historia nova e sorprendernos. Foi unha experiencia moi interesante e unha boa oportunidade para descubrir outra forma de ler os contos de sempre.

O tempo acompañounos ao permitirnos saír ao xardín do IES e así gozar dun momento diferente.






















Ningún comentario:

Publicar un comentario