No Club de Lectura de 4º ESO PDC achegámonos a un dos grandes clásicos da literatura galega dun xeito diferente: a adaptación en novela gráfica de Memorias dun neno labrego. Grazas á combinación de texto e ilustracións, a historia de Balbino resultounos máis próxima e fácil de seguir, sen perder a esencia da obra de Xosé Neira Vilas.
Durante a lectura reflexionamos sobre a vida na Galicia rural de hai décadas e comparamos as experiencias de Balbino coa realidade da mocidade actual. A pesar das diferenzas, descubrimos que sentimentos como a amizade, os soños, as inxustizas ou o desexo de ser escoitado seguen estando presentes hoxe en día.
Esta lectura permitiunos comprobar que os clásicos tamén poden conectar co alumnado actual cando se presentan en formatos atractivos e accesibles, favorecendo a comprensión lectora, o diálogo e o gusto pola lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario